26 de out. de 2009

GALICIA

Traballo e Benestar garante que os beneficiarios cobrarán os 200 euros do complemento para pensións non contributivas correspondentes a 2009
Infogauda / Galicia
O departamento autonómico está preparando xa o decreto polo que se fará efectiva esta prestación –de 0,5 euros ao día e 16 ao mes-, da que disporán os beneficiarios, como máis tardar, no próximo mes de xaneiro.
A Consellería explica que o investimento que se destina este exercicio a esta partida transformarase na prestación de servizos de cara ao 2010, co fin de mellorar a calidade dos recursos.
Para acadar unha máxima optimización dos recursos, o Goberno galego realizará un estudo exhaustivo sobre os distintos subsidios sociais existentes na comunidade.

Economía e Industria promociona os viños galegos nos mercados de Alemaña e China
Os viños do Ribeiro serán protagonistas en dúas mostras organizadas polo Igape que se desenvolverán nas cidades de Colonia e Hamburgo hoxe e mañá.
Beijing acollerá o 13 de novembro outro evento promocional organizado en colaboración coa Cámara Oficial de Comercio de España en China.
Ler máis

A música galega desembarca no Womex de Copenhague do 28 de outubro ao 1 de novembro
Dez empresas discográficas e dúas asociacións profesionais estarán presentes co apoio da AGADIC na máis importante cita internacional de world music.
A marca Galician Tunes exhibirase desde un stand propio que dará cobertura loxístixa a todas as compañías desprazadas.
No material promocional disposto para a ocasión destaca un CD con 17 temas actuais de artistas como Berogüetto, Fía na Roca, Milladoiro, Rosa Cedrón, Uxía, Mercedes Peón ou Fran Pérez “Narf”, entre outros.
Ler máis

Técnicos da Secretaría Xeral para o Deporte non poden coñecer o estado das pistas de Balaídos
O Concello de Vigo impediu a súa visita.
A Xunta de Galicia comunicoulle a visita á Federación Galega de Atletismo, entidad que xestiona a instalación e ao Concello de Vigo.
Ler máis

Ningún comentario:

Publicar un comentario