30 de set. de 2009

OURENSE

O IX CONGRESO GALEGO DE ESTATÍSTICA ANALIZARÁ O SOFTWARE LIBRE E AS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS



Terá lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense os días 12, 13 e 14 de novembro, con ampla implicación do noso campus.

Infogauda / Ourense


Profesores e investigadores daranse cita no Centro Cultural da Deputación de Ourense os vindeiros días 12, 13 e 14 de nov embro no “IX Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións”, que nesta edición analizará o software libre e as aplicacións informáticas da estatística. Ao longo de tres xornadas desenvolveranse conferencias, mesas redondas e obradoiros, especialmente dirixidos a profesores de ensino secundario, coa finalidade de que poidan familiarizarse coas novas ferramentas informáticas que a estatísticas pon a súa disposición.Neste senso, profesores das universidades de Vigo, Granada, Barcelona, Elxe, Santiago, Copenague e A Coruña, impartirán un programa que inclúe conferencias sobre “Metodoloxía e aprendizaxe da estatísticas”, “Educación estatísticas a niveis non universitarios”; mesas redondas sobre “Estatística e investigación”, e obradoiros de “Estatística con Excel” (10 horas) e “Software libre: R e R-Commander” (4 horas).O congreso está organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), e coa colaboración da Deputación de Ourense. A inscrición pode realizarse a través da web: www.ixsgapeio.uvigo.es, na sección de “Programa”, solicitar información no correo electrónico ixgapeio@uvigo.es, ou mesmo na Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense (teléfono: 988368766).

Ningún comentario:

Publicar un comentario