AXUDAS AOS COMERCIANTES DO CARBALLIÑO E DO RIBEIRO
Un total de 38 comerciantes das vilas do Carballiño e Ribadavia acolléronse ás axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación, no marco das actuacións contempladas no Proxecto TERRAS DO AVIA de desenvolvemento rural e urbano das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.
Infogauda / Ourense
As actuacións, enmarcadas no Proxecto TERRAS DO AVIA, teñen como obxectivo a adecuación, rehabilitación ou primeira instalación de comercios e talleres artesanais, e buscan a xeneración dun crecemento económico sostible contemplando a execución de iniciativas de desenvolvemento local que persigan a mellora dos servizos e a creación de postos de traballo.Nun principio o importe total destinado para a convocatoria do ano 2009 para estas axudas no marco do Proxecto TERRAS DO AVIA por parte da Deputación de Ourense ascendeu a 100.000 euros. A boa acollida destas axudas por parte do pequeno comercio local fixo que a Deputación convoque, neste mesmo ano 2009, unha nova oferta de axudas encamiñadas a apoiar ó comercio de proximidade, e que manteña o compromiso doutra convocatoria no ano 2010.En concreto, a esta liña de acción do Proxectos TERRAS DO AVIA (Comarcas do Carballiño e O Ribeiro) , así como os Proxectos ARRAIANO (Comarcas da Limia e Monterrei) e DELORUR (Comarcas de Valdeorras e Viana) acolléronse un total de 145 comerciantes das vilas destas comarcas. Esta liña enmárcanse no apartado de promoción económica, e contempla a creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais.O Proxecto TERRAS DO AVIA (Desenvolvemento Local e Urbano nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño), así como os Proxectos ARRAIANO e DELORUR están cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), mediante as axudas contempladas no Eixe 5 da convocatoria do ano 2007.
Ningún comentario:
Publicar un comentario