O ATLÉTICO NOVÁS HOMENAXEOU AO CICLISTA SERAFÍN MARTÍNEZ
Serafín tamén foi felicitado por xogadores da S.A.R.
Fotografías: Juan Ramón Martínez Barbosa
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O ciclista rosalés do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo vén de ser homenaxeado este sábado 27 de setembro polo Atlético Novás de balonmán. Despois da recepción oficial o xoves no Concello, esta vez foi no pavillón municipal onde o corredor de Martín recibiu o recoñecemento e cariño dos asistentes ao partido que enfrontou ao local Novás co Peguform S.A.R.
Serafín Martínez realizou o saque de honra e foi obsequiado cunha camiseta do equipo de balonmán da súa terra que non dubidou en poñer de inmediato.
Despois da fotografía co plantel do Mecalia Atlético Novás procedeuse ao comezo do partido, onde o equipo que preside Roberto Fernández Rodríguez impuxo a súa mellor técnica e acerto e rematou gañando por 38 goles a 27 ao Peguform.

Ningún comentario:
Publicar un comentario