25 de set. de 2009

OURENSE

CURSO DE CONTROL POLICIAL DA LEGALIDADE URBANÍSTICA



Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputacióna acollerá o desenvolvemento dun curso de Control Policial da Legalidade Urbanística, a desenvolver por iniciativa da Deputación e coa colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O curso desenvolverase os días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro de 2009 e está destinado básicamente a persoal das entidades locais da provincia pertencentes aos corpos de Policía Local, así coma outros membros das forzas e corpos de seguridade.Entre os docentes participará o Secretario Xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende; o Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia, Hipólito Pérez Novo, ou o Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Antonio Roma Valdés.O horario do curso será de 16:30 a 21:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario