SERAFÍN MARTÍNEZ É RECIBIDO NO CONCELLO DO ROSAL E HOXE FARÁ O SAQUE DE HONRA NO PARTIDO DO ATL.NOVÁS
O alcalde faille entrega dun escudo do Rosal a Serafín
Ángel Martínez, concelleiro de Deportes, Serafín e o alcalde Jesús Mª
Juan Ramón Martínez / O Rosal
O ciclista rosalés Serafín Martínez Acevedo pertencente ao Xacobeo Galicia - flamante gañador por equipos da Vuelta a España 2009 – foi recibido o xoves polas autoridades municipais no Concello do Rosal.
Serafín amosou un dos seus maillots que o acreditou durante tres días como Líder da Combinada e o trofeo final que obtén o gañador da Xeral Final dos Sprints Solidarios na Vuelta a España (este premio é o equivalente ao da Combatividade). O ciclista rosalés gañou 4 destes sprints e subiu as correspondentes veces ao podium, incluído o de Madrid, en plena Castellana.
O alcalde Jesús Mª Fernández Portela, en nome do Concello do Rosal, entregoulle un pequeno agasallo institucional en recoñecemento ao seu fantástico labor na ronda española, que lembremos comezou en Drenthe (Holanda) a finais de agosto e rematou o 20 deste mes en Madrid.

Por outra parte, hoxe sábado, ás 19 horas, Serafín Martínez, por invitación do equipo local que preside Roberto Fernández Rodríguez, fará o saque de honra no pavillón municipal no partido que enfronta ao Mecalia Atlético Novás e o Peguform S.A.R..
Ningún comentario:
Publicar un comentario