O Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, reiterou hoxe diante do vicerrector do campus o seu apoio a manter a titulación de Física en Ourense e dixo textualmente que “non podo estar dacordo coa súa supresión”, ó tempo que consideraba que o campus ourensán “aparece sempre como perdedor”.
Infogauda / Ourense
O titular da Deputación dixo que “nada nos garantiza que a titulación de Ciencias Medioanbientais sexa unha titulación exclusiva, porque para eso xa temos o ejemplo de Dereito, que se implantou así en Ourens e aos poucos meses duplicouse en Vigo”. Por eso, dixo “nós o que pedimos e que non é necesario suprimir unha titulación para implantar outra”, indicando que Física e Ciencias Medioambientais poderían convivir armonicamente. Baltar Pumar lembrou con énfasis que non se debe esquecer que “Ourense somos a terceira cidade de Galicia e pensamos que con esa medida non se potencia o noso campus”.
O político ourensán tamén deixou claro que todas estas reivindicacións “estánse facendo con boa vontade”, sen ningún tipo de interés político ou partidario, algo que foi refrendado polo vicerrector, quen lembrou o acordo dos órganos internos de goberno da Universidade de transformar a titulación de Física na de Ciencias Medioambientais.Tanto vicerrector como presidente da Deputación reiteraron que estas opinións diferentes non afectará aos níveis de colaboración entre ambalasduas institucións. Ao respecto, Baltar dixo que “a colaboración da Deputación coa universidade seguirá sendo incondicional e se podemos incrementala no futuro farémolo”. Estas afirmación foron realizadas despois de asinar un convenio de colaboración entre a Deputación e o campus ourensán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario