A XUNTA DIRECTIVA DE ÁBACO EXPRESA SEU MALESTAR CO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE A GUARDA
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco non foi informada sobor de varios aspectos relacionados coas obras da Alameda de A Guarda

Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda semella esquecer que a cidadanía, en xeral, e as asociacións legalmente estabrecidas, en particular, lles asisten, entre outros o dereito a seren informados puntualmente e coa debida antelación, sobor de moitos asuntos, que ainda sendo de ámeto municipal, afectan directa ou indirectamente a tódolos contribuintes.
A vista de non poucas actuacións, nas que tan soio cando hai reaccións da cidadanía, é cando adoitan tentar correxir algúns xeitos que eles mesmos criticaban cando estaban na oposición; o alcalde e os concelleiros do Grupo Municipal Socialista semella que teñen moita presa, cecais máis da que sería aconsellable, para materializar algúns proxectos que nin siquera consensuaron cos demáis grupos municipais, tan lexítimos representantes dos electores, como o son eles. E como consecuencia desa inxustificada presa, non lles importa aplicar o rodillo da maioría absoluta que o Grupo Municipal Socialista ostenta, para acadar os fíns que se propoñen. E iso, que nunha primeira lectura podería semellar ser políticamente aceptable, logo vén resultando que hai supostos esquecementos que son inadmisibles. Como proba desa afirmación da Redacción de Infogauda, ahí temos a lexítima postura da Xunta Directiva da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco, que de xeito totalmente correcto, lle reprocha o alcalde - e por extensión o goberno municipal que preside - a falla da oportuna información sobor do escomenzo dunhas obras - as da chamada "rehabilitación da Alameda" -, nas que o Grupo Municipal de Goberno parece ter un interese "especial", habendo no termo municipal de A Guarda, como xa temos salientado deste este xornal dixital, outras moitas prioridades, verdadeiramente máis urxentes.
Deseguido reproducimos íntegramente o contido da comunicación que en nome da Xunta Directiva de Ábaco, remesou José Ángel Baz Vicente o alcalde de A Guarda, e na que dí o seguinte:
CONCELLO DE A GUARDA
A/A.: SR. ALCALDE
D. José M. Domínguez Freitas
En A Guarda, 27 de agosto de 2009
Estimado señor Alcalde:
Reunida a Xunta Directiva de esta Asociación acordamos expresar o malestar que estamos a sentir por non ter recibida por parte do Concello ningunha información sobre as obras que se están a efectuar na Alameda de A Guarda e que teñen unha repercusión directa hacia o sector comercial e hostaleiro guardés.
Dende ‘ábaco’ entendemos que deberíamos estar informados de puntos como:
· Duración das obras
· Novo emprazamento do mercadillo dos sábados
· Cambios de circulación, se os houbera.
· Ter coñecemento de como quedará a nova Alameda, entre outros.
Esperando noticias o antes posible, reciba un cordial saúdo
Asdo.: Ángel Luis Baz Vicente
Presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’

Ningún comentario:
Publicar un comentario