21 de ago. de 2009

A GUARDA

ESTE SÁBADO, 22 DE AGOSTO: SARDIÑADA, QUEIMADA E BAILE, NO RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS
- Ó Grupo Folk Lareira amenizará a velada


Infogauda / A Guarda

Este sábado, 22 de agosto, a partires das 19:30 h., na finca do Recreo Artístico Guardés, situada na parte posoterior da sede social desta centenaria sociedade, haberá unha gran sardiñada, con pan de broa, viño e refrescos. Como sobremesa rosca de xema de A Guarda, café e queimada feita "in situ", namentras se recita o esconxuro.
Ademáis da regalía dos sabores tradicionais, tódolos participantes disfroitarán coa actuación do Grupo Folk Lareira, de A Guarda e co baile ata bén entrada a mañanciña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario