ROUBO NA CARPA DO MERCADO SOLIDARIO: A OUTRA “SOLIDARIEDADE”
Na fotografía aparece o lugar por onde se colaron os "estranos".
(Remitido)
Con sorpresa, incredulidade, impotencia e outras sensacións confusas, achegabamonos onte pola mañán ata o Porto da Guarda para comprobar os feitos, diante da chamada dun veciño, que nos alertaba da entrada de “estranos” na carpa do Mercado Solidario. A sospeita confirmouse, e unha vez máis (fai unhas semanas aconteceu o mesmo en Redondela) temos que dar conta do roubo (con “nocturnidade e alevosía”) de materiais e productos elaborados por persoas con discapacidade de 6 asociacións da nosa zona.
Resulta difícil crer que a persoa ou persoas que levaron os materiais, valorado en máis de 600 €, non tivera en conta o importante que resulta este material para a subsistencia das nosas entidades, e sobre todo o esforzo extra co que foi elaborado, superando atrancos e barreiras … os que hai que sumar agora a sua “colaboración” .
A rabia é ainda maior , para as Asociacións da Guarda, xa que levamos moitos anos concienciando ó noso entorno da ineludible necesidade da integración na sociedade das persoas con discapacidade; e pensabamos que algo así non podería acontecer no noso pobo.
Preferimos seguir sendo inxenuos e continuar na mesma liña de actuación. Non resolveremos o problema con máis vixilancia ou medidas de seguridade, senon probablemente se seguimos actuando na escola, con actividades de voluntariado, concienciación e integración , ó mellor incluindo unha nova asignatura que se podería chamar “Educación para a solidariedade”.
A carpa do Mercado Solidario, permanecerá aberta ó público tal e como estaba previsto ata o venres 7 de agosto no porto da Guarda, en horario de 5 da tarde a 9 da noite.
A Guarda, 1 de agosto de 2009
Asociacións:
- Avelaiña (enfermedade mental – A Guarda)
- Vontade (discapacidade física – Tui)
- San Xerome (discapacidade intelectual – A Guarda)
- Alento (dano cerebral – Vigo)
- Aceesca (discapacidade intelectual – Porriño)
- Cogami (discapacidade física – Mos)

Ningún comentario:
Publicar un comentario