31 de xul. de 2009

A GUARDA

COMUNICADO DA A. C. DE BANDAS MANIÑEIRAS
A organización do Encontro de Bandas anuncia que o VII Encontro de Bandas Mariñeiras non se vai celebrar este ano debido a falta de persoal que se faga cargo da organización do mesmo e polo desinterese de moitas das bandas participantes.
Por outra banda, tamén queremos aclarar que a inclusión do VII Encontro de Bandas Mariñeiras dentro da programación das Festas do Monte 2009 é responsabilidade única e exclusiva da Comisión de Festas, dado que en ningún momento se puxeron en contacto cos organizadores para saber se ía celebrarse ou non.
Esperamos que todo o mundo tivera disfrutado do Encontro de Bandas Mariñeiras que este ano toca ao seu fin.
Atentamente,
Comisión organizadora do Encontro de Bandas Mariñeiras.
A Guarda 30 de xullo do 2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario