O DOMINGO Á NOITE COÑECEREMOS O GAÑADOR DO FILMINHO 2009
A xornada do sábado 18 contou coa presenza de moitos novos realizadores que se achegaron a presentaren as súas obras
A gala de peche do Festival será ás 18:30 horas do domingo 19 en Goián
Infogauda / Tomiño / V. N. de Cerveira
Cerveira
O Filminho 2009 encara a súa recta final despois de case cincuenta filmes proxectados en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira.
O auditorio da localidade galega vivíu na tarde do sábado 18 outra cita coas propostas de novos autores como Claudia Brenlla, o camposino Nani Matos, Tiago Sousa ou Victor Hugo Seoane. Entre o público atopábanse moitos deles. A xornada no concello tomiñés rematou con tres documentais de Edgar Pera, o cineasta homenaxeado neste festival.

O lisboeta foi tamén o protagonista no outro lado da Ponte da Amizade, pois o seu filme A Janela (Marialva’s Mix) foi un dos pratos fortes oa noite no recinto cerveirense. A velada pechouna a proposta de Nikouala, un filme-concerto no que se mesturaron imaxes e música.
Voluntarios en Goián
A gala de peche terá lugar o domingo en Goián,
O último capítulo desta semana de cine no Miño vivirase o domingo pola tarde en Goián. Os asistentes poderán gozar con Retratos & Cine-Diarios, unha compilación con traballos de Edgar Pera dende os anos 80 ata hoxe, con varios cine-diarios inéditos.
A continuación, o xurado formado por António Victorino Goulart de Medeiros e Almeida, Manuel González Álvarez, Paulo Manuel Ferreira da Cunha, Antonio Caeiro Rodríguez e Patrick Esteves tomará a palabra para sinalar quen son os gañadores desta edición 2009 do Filminho.
PROGRAMA DO DOMINGO 19
Auditorio de Goián
17:00 RETROSPECTIVA EDGAR PÊRA

Retratos & Cinediários (70’)
18:30 GALA DE PECHE

Ningún comentario:
Publicar un comentario