O vindeiro día 4 de xullo de 2009, ás 20:00 h., no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un concerto-homenaxe o músico José Luís Lorenzo Rodríguez, que levarán a bó termo, as agrupacións que él mesmo fundou e dirixiu: o Coro Arpegios Cantabile e o Grupo de Acordeons Mascarenhas.
No decurso do acto lembrarase a biografía de José Luís Lorenzo Rodríguez, e ademáis das devanditas agrupacións, tamén actuarán o Grupo Antorcha e varios solistas.
Compre salientar que ó longo dos anos, polo Coro Arpegios Cantabile e polo Grupo de Acordeons Mascarenhas, pasaron máis de douscentos compoñentes que lle tributarán unha merecida homenaxe o compositor, director e músico, José Luís Lorenzo Rodríguez, un exemplo de humanidade e de amor a Música. Súa achega a Cultura de A Guarda, en particular, e do Baixo Miño, en xeral, é impagable.
Rematado o concerto-homenaxe, haberá unha cea no Restaurante Brisamar, de A Guarda. O prezo do cuberto é de 20 €. As reservas para a cea pódense facer, até o día 25 de xuño, contactando con Alberto Rodríguez, a traverso do teléfono 986 61 15 72, en horario de 20:00 a 13:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario