A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA HOMENAXEARÁ A AGUSTÍN FEREIRA LORENZO ADICÁNDOLLE O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Infogauda / A Guarda
A Agrupación Cultural Guardesa (A.C.G.) acordou adicar o "Día das Letras Galegas" deste ano, o guardés, afincado en Camposancos, Agustín Ferreira Lorenzo.
O acto de homaxe terá lugar o día 29 de maio, ás 21:00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda.
No devandito acto participarán José Antonio Uris Guisantes, que fará unha sembranza biográfica do homenaxeado, así como o Coro Arpegios Cantábile, dirixido por Lucía Alonso, e a cantautora María José Baz Martínez.
Agustín Ferreira Lorenzo, que foi membro da Agrupación Cultural Guardesa e responsable da Sección Ecolóxica, fundou a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), entidade conservacionista que vén presidindo desde o escomenzo da andaina dese colectivo.
Ademais de redactar i editar "Carrizal", o boletín de información medioambiental de ANABAM, así como o responsable de páxina web desa asociación; Agustín Ferreira Lorenzo é autor de varios traballos de investigación, algúns deles pubricados por ANABAM, e tamén nos medios de comunicación social, así como en traballos de diversos autores, como o Boletín da Agrupación Cultural Guardesa e no libro-programa das Festas do Monte Santa Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario