12 de mar. de 2009

HONORIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ: CANDO A FOTOGRAFÍA É ARTE TOTAL

Honorio Rodríguez Álvarez, fotógrafo de A Guarda










Infogauda / A Guarda


É un fotógrafo autodidacta. Un home que ademáis de ser un artista da fotografía, é un traballador nato. Probablemente moitos dos seus veciños non teñamos nin a máis remota idea da súa labor. Fai pouco, ollámolo na Festa dos Fachóns, en Castro Caldelas, en plena Ribeira Sacra. Por alí andaba, totalmente entregado a súa vocación artística, no medio daquel rebumbio festeiro, "tirando" fotos.

Outras veces, como seguramente acontecerá, se cadra, na vindeira Semana Santa, podemos olla-lo fotografando a arte sacra que os devotos das diferentes confrarías piadosas, portan nas procesións na vila de A Guarda. Probablemente ninguén coma él, tén conquerido a expresión máis tráxica, da imaxe do Cristo Xacente.

Falamos de Honorio Rodríguez Álvarez. A súa labor artística bén merece os mellores eloxios. Desde Infogauda salientamos que unha mostra das fotografías deste artista podémolas ollar aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario