
Para seu debate na vindeira sesión plenaria, o Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, vén de presentar unha moción, suscrita polos concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, na que propoñen o seguinte:
DESMANTELAMENTO E SOTERRADO DE TRANSFORMADORES UBICADOS PERTO DAS VIVENDAS
Na maioría dos nosos barrios, atopamos instalacións, moitas delas arrodeadas de vivendas e perto de zonas de esparcemento ou centros educativos, que por un lado, son un risco para a saúde, e pola outra, afean o lugar, especialmente dunha localidade que quere ser un referente turístico de primeiro orden.
En distintas ocasións, diversos colectivos como ampas, asociacións de veciños e grupos políticos, teñen manifestado a súa oposición a continuidade de ditas instalacións, sin que as súas queixas teñan sido atendidas.
Nas rúas Circunvalación, Puerto Rico, A Cruzada, O Couto, Laxe Grande, Salcidos, A Gándara, e otros, son claros exemplos, dunha morea de elementos distorsionadores e de gran impacto ambiental e paisaxístico que afloran na nosa localidade. Nalgúns deles, as instalacións son de fai moitos anos, polos que as condicións e medidas de seguridade son dubidosas, e invaden zonas viarias, peatonais, e axardinadas, cos riscos e perigosidade que iso conleva.
Dende fai algúns anos, a través da administración central e autonómica, os concellos teñen levado a cabo negociacións cas empresas suministradoras de enerxía eléctrica a fin de soterrar ditas instalacións a acabar co feísmo que isto implica.
Por todo elo, dende o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a propoñer o PLENO a seguinte MOCION:
O Concello de A Guarda, dará inicio as negociacións pertinentes cas distintas administracións e empresa suministradora de enerxía eléctrica a fin de que se elabore un proxecto e se leve a cabo un plan de prioridades a fin de eliminar os actuais transformadores e proceder o soterramento dos mesmos.
A Guarda, a 18 de marzo do 2.009
Celso R. Fariñas Isabel Lidia González Alonso
REXISTRO DE ENTRADA Nº 1803 do 18.03.2009

Ningún comentario:
Publicar un comentario