2 de mar. de 2009

ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO E O PARTIDO POPULAR GAÑARON AS ELECCIÓNS O PARLAMENTO DE GALICIA

Alberto Núñez Feijoo será o vindeiro presidente da Xunta de Galicia

Infogauda / Galicia

Logo de tres anos e medio de goberno de cohabitación entre psoecialistas e nacionalistas, de encontros e desencontros, o pobo galego ven de dar seu apoio maioritario o Partido Popular de Galicia. O récord de participación dos cidadáns contribuiu a reforzar ainda máis, o indiscutible éxito electoral dos populares, que acadaron unha maioría absoluta de escanos e polo tanto, a partires de agora terán a responsabilidade de gobernar Galicia.

Desde Infogauda desexamos que o éxito acadado polo PP supoña un compromiso de traballo a prol de Galicia, pois é ben sabido que o pobo galego é soberano, e o mesmo que lle outorgou a confianza a formación de Alberto Núñez Feijoo tamén lla pode retirar, chegado o momento, se non cumple coa tarefa encomendada.

No que respecta o concello de A Guarda, os resultados electorais resumen craramente cal é a sensación que teñen os veciños sobre a maioría de goberno municipal. E ainda que as convocatorias electorais son ben diferentes, e non se poden comparar unhas eleccións autonómicas con unhas municipais, probablemente hoxendía algúns acadarían uns resultados ben diferentes os de xuño de 2007. Ainda que ben mirado, tampouco é porque o grupo maioritario de oposición faga a labor que lle corresponde. Máis bén, limítase a deixar facer que é o máis cómodo, e hoxe por hoxe, segundo a opinión de moitos guardeses, non se lles ve como verdadeira alternativa.

Polo que respecta o Baixo Miño, rotundo trunfo do Partido Popular a pesares de non contar con un candidato representativo desta comarca, o cal non deixa de ser significativo que o electorado dese seu apoio os populares. Iso é unha proba inequívoca do fracaso da política persoal e das actitudes dalgúns. Non nos corresponde a nós decirlles o que non deben facer, porque xa teñen asesores dabondo.

O pobo é que máis ordena. Os resultados así o confirmaron este 1º de marzo de 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario