A AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA E O GRUPO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS OFRECERON UN FORMIDABLE CONCERTO DE SANTA ICÍA
Infogauda / A Guarda
De formidable compre calificar o concerto que na noitiña de onte sábado día 5 de decembro, tivo lugar no magnífico marco da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, que namentras non dispoñamos de un Auditorio Municipal perfectamente equipado e con aforo suficiente, vén sendo o único local dispoñíbel, que - grazas a colaboura do administrador parroquial - permite celebrar na vila guardesa ese tipo de eventos.
Orgaizado pola Agrupación Musical da Guarda, para conmemorar a festividade de Santa Icía, Padroeira dos Músicos, o concerto contou coa participación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, dirixido por José Luís Lorenzo Rodríguez, e tamén, obviamente coa actuación da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta.
Compre salientar que ademáis da magnífica actuación de ambas as dúas formacións musicais, o respectable público respostou moi positivamente coa súa presenza no concerto, a pesares de que a climatoloxía, non convidaba, precisamente a sair da casa. Polo tanto, merecidos aprausos para tódolos músicos, como agradecemento de un público que sabe apreciar a labor que tanto o Grupo de Acordeóns Mascarenhas como a Agrupación Musical da Guarda, veñen desenvolvendo desde súa fundación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario