24 de nov. de 2026

O ROSAL

O COLECTIVO BAIXO MIÑO CON PALESTINA DENUNCIA ACTOS VANDÁLICOS

• Contra as iniciativas artísticas a prol dos dereitos humanos


O mural “Dende o río ata o mar, Palestina libre” é un deseño da artista rosaleira Sara Vicente, realizado colectivamente pola veciñanza solidaria. As imaxes reflicten os efectos físicos dos actos vandálicos 



Baixo Miño con Palestina

 Dende Baixo Miño con Palestina queremos denunciar públicamente a escalada e reiteración de actos vandálicos contra as iniciativas artísticas a prol dos dereitos humanos que estamos a impulsar na comarca. Dende o inicio da nosa actividade recibimos ataques de maneira continuada, que están a intensificarse nos últimos meses. 

Cronoloxía dos ataques 

4 de decembro de 2025: vandalízase o mural “Dende o río ata o mar, Palestina libre” mediante o lanzamento de botes de pintura. A obra é un deseño da artista rosaleira Sara Vicente, realizado colectivamente pola veciñanza solidaria. 

29 de xuño: vandalízanse as bandeiras palestinas colocadas no Memorial dos Calcetíns, unha instalación artística que lembra as nenas e nenos asasinados en Gaza. 

6 de agosto: o mural “Dende o río ata o mar, Palestina libre” é novamente vandalizado, neste caso con sprays. 

21 de outubro: atácase o mural “Todos os ollos en Palestina”, deseñado e elaborado colectivamente, substituíndo a palabra “Palestina” por “España”. 

14 de novembro: ambos os murais, “Dende o río ata o mar” e “Todos os ollos en Palestina”, amencen vandalizados con sprays. Ademais, ao longo desta semana “desapareceron” as faixas colocadas no vial polo CS Fuscalho que levaban a mensaxe “Migrar é un dereito, como ter un teito”. 

 Estes actos non son feitos illados. Acompáñanse de mensaxes e acusacións propias do discurso da extrema dereita, con insultos e expresións como “invasión”, que buscan deshumanizar e deslexitimar calquera expresión de solidariedade. Este tipo de retórica crea narrativas e percepcións de hostilidade e intolerancia que teñen consecuencias reais na convivencia. Os murais e as instalacións atacadas son froito do traballo colectivo de veciñas e veciños que decidiron expresar en común o seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos. Estas intervencións artísticas foron realizadas de forma participativa, voluntaria e desinteresada, polo que cada ataque non só danifica unha obra artística, senón tamén o esforzo e a implicación da comunidade que a fixo posible ademais do absoluto desprezo polas vítimas reais do que denuncian estas iniciativas. 

 Dende Baixo Miño con Palestina reunirémonos para explorar posibles solucións e respostas a esta onda de agresións. Anunciaremos no seu momento a data desta reunión e chamamos a veciñanza a participar da mesma. 

Viva a loita do pobo palestino! 

Viva a solidariedade entre os pobos!

O ROSAL

As redes de apoio como motor de cambio nos Cafés en Igualdade   

•  O Rosal acollerá este xoves 26 ás 17.30 h un novo encontro coa experta en igualdade Angelina Gándara, para reflexionar sobre a amizade e os coidados entre mulleres no marco da programación do 25N  


Infogauda/O Rosal  

 A amizade entre mulleres é unha rede de apoio, resistencia e coidado mutuo. Sobre o valor destas relacións xirará a nova sesión dos Cafés en Igualdade do Rosal, que se celebrará este xoves 26 ás 17.30 horas no Salón de Exposicións do Concello no marco da programación conmemorativa do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 

 Baixo o título ‘As que nos sosteñen. A amizade como apoio e coidado entre mulleres’, o encontro estará conducido por Angelina Gándara Alonso, experta en igualdade de AGA Formación, que convidará ás participantes a reflexionar sobre o papel que desempeñan os vínculos de amizade no benestar emocional, na autonomía persoal e no empoderamento individual e colectivo. 

 A proposta busca poñer en valor a sororidade e a importancia de contar con espazos de confianza nos que compartir experiencias, expresar inquedanzas e atopar acompañamento sen medo a ser xulgadas. Unhas relacións que adquiren especial relevancia ante situacións de desigualdade, illamento ou violencia machista. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, salienta a importancia de incorporar esta perspectiva á programación do 25N. “A loita contra a violencia machista pasa tamén por fortalecer os vínculos comunitarios e construír contornas nas que ningunha muller se sinta soa. As redes de apoio son fundamentais para romper o silencio, combater o illamento e acompañar ás mulleres nos momentos máis difíciles”, recalca. 

 Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, destaca o potencial transformador destas relacións, “das amizades que nos acompañan, que nos axudan a identificar situacións de desigualdade e que nos ofrecen un espazo de confianza para expresarnos con liberdade. Recoñecer o valor destes vínculos é tamén reivindicar a capacidade das mulleres para impulsar cambios individuais e colectivos”. 

 Os Cafés en Igualdade son encontros mensuais de balde abertos a toda a veciñanza que analizan cuestións de actualidade desde múltiples perspectivas, sempre cun enfoque participativo e transformador. O proxecto posto en marcha polo Concello conta co financiamento do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e consolídase como unha iniciativa que combina educación, participación cidadá e compromiso social.

DEPORTES

Belén Bascoy Cao sobe ao podio na proba popular do XXII Cross Internacional de Atapuerca 

• A atleta da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) rematou quinta na xeral feminina cun rexistro de 21:06 nos 5.000 metros. 

• O club tomiñés desprazouse ata Burgos cunha expedición de 13 deportistas, desde categorías de base ata máster.


Belén Bascoy Cao, atleta da Sociedade Atlética do Trega, subiu ao podio da carreira popular feminina do XXII Cross Internacional de Atapuerca
FotosSAdoT

A deportista do club tomiñés completou os 5.000 metros do percorrido nun tempo de 21:06, cruzando a liña de meta a tan só 20 segundos da cuarta clasificada

Infogauda/Redacción Deportes

 A atleta da Sociedade Atlética do Trega, Belén Bascoy Cao, subiu ao podio da carreira popular feminina do XXII Cross Internacional de Atapuerca, disputada o pasado sábado 21 de novembro en Burgos. Nunha xornada marcada polo intenso frío e a choiva, a deportista do club tomiñés completou os 5.000 metros do percorrido nun tempo de 21:06 (a un ritmo medio de 4:13 min/km), cruzando a liña de meta a tan só 20 segundos da cuarta clasificada.

 Este quinto posto na clasificación xeral feminina supuxo o mellor resultado da Sociedade Atlética do Trega ao longo de toda a fin de semana. Na mesma proba popular feminina, a súa compañeira de equipo Carla Rocha Bautista finalizou no posto 53.º cun tempo de 25:34.

Balance da xornada do sábado 

 A participación da expedición galega comezou na xornada do sábado cos 2.000 metros da categoría sub-14 feminina, na que Nadia Conejo Bascoy acadou a 29.ª praza (7:54). Na mesma distancia pero en categoría sub-14 masculina, Hugo Rodríguez Gómez rematou no posto 56.º e Martín Rodríguez Castro fíxoo no 59.º.

 A continuación, Adela Vasconcellos Rodríguez foi 25.ª na proba sub-12 feminina, mentres que Ainoa Conejo Bascoy cruzou a meta na 16.ª posición nos 800 metros da categoría sub-10 feminina. Pola súa banda, nos 5.000 metros da categoría máster masculina, Eloy Rodríguez Lorenzo logrou o 20.º posto (18:23), seguido de Sergio González Martínez, que foi 74.º (21:20), e Sergio Vasconcellos Pereira, 76.º (21:26). A carreira popular feminina puxo o peche á participación do club nesa primeira xornada.

Resultados do domingo 

 Na xornada do domingo a choiva deu unha tregua e luciu o sol, aínda que as baixas temperaturas seguiron presentes. Alba Vasconcellos Rodríguez acadou o posto 53.º (11:34) nos 2.883 metros da categoría sub-16 feminina. Sobre esa mesma distancia, pero en sub-16 masculina, Sergio Silva Souto finalizou na 27.ª posición cun rexistro de 9:50. 

 Paula Rocha Bautista encargouse de pechar a actuación da Sociedade Atlética do Trega en terras burgalesas co posto 157.º (17:28) nos 3.807 metros da categoría sub-18 feminina.

 A pesar das esixentes condicións meteorolóxicas, do frío, da choiva e das caídas e empuxóns propios dunha cita de máximo nivel, os 13 atletas do club de Tomiño lograron completar as súas respectivas carreiras.

TOMIÑO

O Nadal arranca en Tomiño este venres cun gran espectáculo de luz, música e fantasía 

• A Praza do Seixo acollerá o acendido da iluminación de Nadal a partir das 18.30 horas cunha actuación coral infantil e un sorprendente espectáculo de animación de rúa da compañía Pablo Méndez Performing Arts. 


Música, ilusión e moita fantasía darán a benvida ao Nadal este venres, 27 de novembro en Tomiño
Foto: CdeT

Infogauda/Tomiño 

 Música, ilusión e moita fantasía darán a benvida ao Nadal este venres, 27 de novembro, cunha gran celebración organizada polo Concello de Tomiño que convida a pequenos e maiores a gozar dunha tarde moi especial, cunha proposta artística pensada para sorprender a toda a familia e converter o tradicional acendido das luces nun auténtico espectáculo.  

 A programación arrancará ás 18.30 horas coa actuación do coro infantil da Agrupación Musical do Rosal, do que tamén forman parte nenos e nenas de Tomiño. Durante media hora, as pequenas e pequenos artistas ofrecerán unha proposta na que o canto coral se combinará co movemento, pequenas coreografías e percusión corporal, cun repertorio que inclúe música en galego, panxoliñas, cancións de Nadal e temas actuais. 

 Ás 19.00 horas será a quenda de Pablo Méndez Performing Arts, compañía que ofrecerá unha experiencia escénica de grande impacto visual na que a enerxía, a espectacularidade e a emoción serán protagonistas da man de figuras móbiles de gran tamaño.  

 «Este ano quixemos preparar un inicio do Nadal moi especial, cun espectáculo diferente que sorprenda, que ilusione e que nos permita compartir unha tarde inesquecible en familia. Queremos que sexan os propios nenos e nenas os grandes protagonistas dunha celebración aberta a todo o mundo», destaca a alcaldesa, Sandra González. 

 O acendido marcará o inicio dunhas semanas nas que o ambiente festivo, as actividades culturais e de lecer e a dinamización comercial cobrarán especial protagonismo no municipio, cunha ampla programación que xa se pode consultar en tomino.gal. 

 «O Nadal é sempre unha oportunidade para reencontrarnos, para desfrutar dos nosos espazos públicos e para apoiar o comercio e a hostalaría local. Animamos a toda a veciñanza e ás persoas da contorna a achegarse este venres e a vivir con nós o comezo destas festas», sinala a rexedora.

VALENÇA DO MINHO

Valença é Natal tradição, luz e animação numa programação para todos   

  


Vitor Salvador/Valença do Minho

 De 27 de novembro a 6 de janeiro, Valença celebra o Natal com uma programação para toda a família, que inclui a Fortaleza de Chocolate, Duendelândia, Mercado de Natal, Concertos, Presépios, Passagem de Ano e a tradicional Cavalgata Internacional de Reis.  

 Valença prepara-se para viver mais uma edição do «Valença é Natal», com diversas iniciativas que cruzam tradição, cultura, música, gastronomia e animação. Entre 27 de novembro e 6 de janeiro, a cidade transforma-se num destino de Natal, com propostas para todas as idades e motivos para uma visita em família.  

 A programação arranca a 27 de novembro, com dois dos momentos mais aguardados: a abertura da Fortaleza de Chocolate e o tradicional acendimento das luzes de Natal.  

Fortaleza de Chocolate abre a quadra natalícia  

 De 27 de novembro a 8 de dezembro, a Fortaleza de Valença recebe a Fortaleza de Chocolate, um espaço dedicado ao universo do cacau, com propostas de degustação e experiências para os amantes de chocolate.  

 A inauguração oficial da iluminação de Natal está marcada para sexta-feira, 27 de novembro, às 18h30, no Jardim Municipal. A decoração luminosa vai estender-se à zona histórica e às principais avenidas, criando um ambiente especial em toda a cidade.  

Duendelândia e Mercado de Natal no Jardim Municipal  

 De 27 de novembro a 20 de dezembro, o Jardim Municipal acolhe a Duendelândia, um espaço de fantasia e diversão dedicado aos mais pequenos, com funcionamento aos fins de semana e feriados.  

 No mesmo período, o Jardim Municipal e a Avenida dos Combatentes da Grande Guerra recebem o Mercado de Natal, onde será possível encontrar produtos locais, artesanato e sugestões de presentes, promovendo os produtores e o comércio da região.  

Música e tradição marcam o Natal  

 A música também tem lugar de destaque nesta programação. A 12 de dezembro, às 21h30, o Pavilhão Municipal recebe o Concerto de Natal da Academia de Música Fortaleza de Valença. No dia 19 de dezembro, o Teatro Municipal de Tui acolhe o Concerto de Natal da Eurocidade Tui-Valença, reforçando a ligação cultural entre as duas cidades.  

 A tradição dos presépios volta igualmente a marcar a paisagem natalícia valenciana. Na rotunda da Trapicheira estará patente o emblemático presépio de troncos em tamanho real, acompanhado por uma estrela-guia com 12 metros de diâmetro. Entre 6 de dezembro e 6 de janeiro, a Avenida da Estação recebe ainda a tradicional mostra coletiva de presépios.  

Passagem de Ano e Cavalgata Internacional de Reis  

 O Jardim Municipal será o ponto de encontro para a despedida de 2026 e a entrada em 2027, com uma grande festa de Passagem de Ano, marcada pela música e animação.  

 A programação prolonga-se até 5 de janeiro, às 16h00, com a Cavalgata Internacional de Reis. O tradicional cortejo volta a unir Valença e Tui, num desfile transfronteiriço que celebra a magia dos Reis Magos e a identidade da Eurocidade.  

Comércio local também vive o Natal  

 A dinamização do comércio tradicional integra igualmente a iniciativa «Valença É Natal». Entre 28 de novembro e 10 de janeiro, as campanhas «Montras de Natal» e «Compras de Natal» convidam a descobrir os estabelecimentos comerciais do concelho, valorizar a criatividade dos comerciantes e privilegiar as compras no comércio local.  

 Com uma programação diversificada, Valença e afirma-se como um destibo de Natal, convidando residentes e visitantes a descobrir a cidade, viver as tradições e partilhar momentos especiais em família.

VALENÇA DO MINHO

Início do Natal em Valença com 25 personagens, Pai Natal num trenó e milhares de luzes para iluminar a cidade  

 

Pai Natal 
Foto: MVdoM

Vitor Salvador/Valença do Minho

 Uma Parada de Natal com 25 personagens, a chegada do Pai Natal num trenó e um espetáculo de luz e música marcam, esta sexta-feira, 27 de novembro, o arranque do Natal em Valença.  

 A magia começa às 17h30, na Coroada, no interior da Fortaleza, com uma parada que reúne 25 personagens natalícias. Pai Natal, duendes e duendinas, gnomos, malabaristas e soldadinhos de chumbo músicos vão dar vida a um cortejo pensado para encantar miúdos e graúdos. Um dos momentos mais aguardados será a chegada do Pai Natal no seu trenó.  

 O cortejo percorre os recintos da Fortaleza de Chocolate, passando pelas Portas do Sol, Avenida dos Combatentes da Grande Guerra e Rotunda da Trapicheira, seguindo depois em direção ao Jardim Municipal, onde a celebração prossegue.  

 Às 18h30, o Jardim Municipal será o palco do grande momento da noite: o acender oficial da iluminação de Natal. Este momento assinalará o início de um espetáculo luminoso que promete surpreender visitantes e residentes.  

 Entre as grandes atrações desta edição destaca-se a árvore multimédia de 24 metros de altura, instalada no Jardim Municipal, onde a luz e a música se conjugam num espetáculo visual. Na Rua da Oliveira, um túnel luminoso de 30 metros convida a um passeio junto às muralhas, conduzindo os visitantes até um banco panorâmico, com uma vista privilegiada sobre a Fortaleza. A Rotunda da Trapicheira, a Avenida Conselheiro Lopes da Silva e o espelho de água da Coroada são alguns dos espaços que prometem surpreender.  

 Na encosta da Fortaleza, uma imponente estrela-guia luminosa, com 12 metros de diâmetro, vai destacar-se sobre o presépio de troncos em tamanho real, criando um dos cenários mais emblemáticos da região.

PONTEAREAS

Carme da Silva chama a votar masivamente e unir todo o voto de país no BNG para poñer Galiza no centro  

•  A candidata destaca a onda de ilusión que percibe na campaña e pide que a xente se converta no “algoritmo do Bloque” falando con todo o mundo para mobilizar o voto rebelde que quere as galegas e os galegos conten  


Carme da Silva chamou hoxe en Ponteareas a concentrar no BNG todo o voto da xente que quere a Galiza
Foto: BNG

Infogauda/Ponteareas

 Carme da Silva chamou hoxe en Ponteareas a concentrar no BNG todo o voto da xente que quere a Galiza, que non se resigna e que aspira a conseguir un resultado que lle dea ao país máis forza política en Madrid. Nun reparto electoral a poucos días do 29N, a candidata asegurou que está a percibir unha onda de ilusión arredor do Bloque e animou a multiplicar esa mobilización para que cada escano nacionalista sirva para defender os intereses galegos, avanzar en dereitos e acabar coa discriminación que sofre Galiza, poñéndoa no centro. “Se conseguimos unir todo ese voto rebelde, o voto de quen non se conforma, o 29N o noso país vai ter un magnífico resultado”, afirmou.  

 A candidata apelou á implicación directa da xente nesta recta final da campaña, pedindo que cada simpatizante se converta no “algoritmo do BNG”, falando con familiares, amizades, veciñanza e compañeiras de traballo para trasladar a importancia de votar o Bloque. “Non hai mellor campaña que falar con todo o mundo, explicar por que é necesario que Galiza conte con máis forza e convencer a quen aínda está a dubidar. Precisamos que ninguén quede na casa e que se vote con orgullo de país”, indicou.  

 Da Silva subliñou que cada escano do BNG é unha oportunidade para que Galiza se faga valer nas Cortes fronte ao bipartidismo que leva décadas alternándose na discriminación ao país. “Non queremos nin retroceder nin conformarnos con máis do mesmo. Queremos avanzar, queremos unha vida digna e queremos ter capacidade para decidir. O voto galego ten que servir para defender Galiza, non para obedecer os intereses de Madrid”, reivindicou.  

 A candidata destacou que un maior peso político do Bloque servirá para atallar as dificultades que atravesa a maioría social galega: salarios que non chegan a fin de mes, prezos da vivenda imposibles, pensións insuficientes e unha desigualdade cada vez maior, especialmente para as galegas e os galegos fronte ao resto do estado. “O BNG fai unha política que está ao lado da xente, que defende a sanidade pública, o ensino, as pensións, a dependencia e o dereito a ter unha vivenda digna. Non podemos aceptar que se nos diga que non hai recursos para atender esas necesidades mentres hai milleiros de millóns para gasto militar. É cuestión de prioridades”, apuntou, defendendo que os investimentos públicos deben responder ás necesidades reais da cidadanía e non alimentar o monstro da guerra.  

 A cabeza de lista, acompañada da deputada Cristina Fernández e doutras persoas integrantes da formación, reivindicou a traxectoria do BNG como unha forza que cumpre, que negocia e que consegue resultados concretos para o país, lembrando avances como as bonificacións das peaxes da AP-9 e a aprobación da transferencia, que agora intenta vetar o PP. “Demostramos que cando hai unha forza galega que non se subordina e que defende os intereses do país até o final, as cousas conséguense. A xente sabe que pode confiar no BNG”, afirmou.  

 Carme da Silva advertiu tamén que o BNG será unha garantía para impedir retrocesos nos dereitos sociais, laborais e das mulleres. “Non imos permitir que se dea un paso atrás. Pero tampouco queremos quedar como estamos: queremos avanzar, conquistar máis dereitos e mellorar a vida da xente. Para iso é imprescindible que Galiza teña unha voz forte e libre en Madrid”, sinalou. De maneira específica, a cabeza de lista fixo tamén un chamamento á mobilización nas rúas este 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, para que as mulleres galegas fagan escoitar a súa voz e deixen claro que non están dispostas a permitir ningún retroceso nos dereitos conquistados.   

 Subliñou que estas eleccións chegan nun momento no que medran os discursos reaccionarios e as ameazas de involución, polo que considerou fundamental que as mulleres se mobilicen antes da cita coas urnas do 29N para demostrar que non van dar nin un paso atrás. “Non podemos permitir que nos fagan retroceder. Temos que seguir empuxando e avanzando, porque non avanzar tamén significa retroceder”, afirmou con contundencia, apelando á responsabilidade de cada xeración de conquistar novos dereitos e garantir que as que veñan detrás poidan seguir avanzando. “Non podemos actuar co medo de quen nos quere facer retroceder. Ás mulleres galegas non nos para ninguén”, concluíu.  

 Da Silva concluíu reiterando o chamamento a mobilizar o 29N toda a enerxía das mulleres e do voto galego nesta última semana de campaña: “Estamos vendo ilusión e moita xente que quere que Galiza conte. Agora toca dar o último impulso, falar con todo o mundo e unir ese voto rebelde que non se conforma. Cada escano do BNG é máis Galiza en Madrid, máis dereitos e máis capacidade para defender o noso país”, finalizou.

GALIZA

Persoal dos grandes almacéns mobilízase na defensa dunhas condicións laborais dignas 

•  Desenvolveu concentracións na Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol e Vilagarcía e fará folga o 28 de novembro e 6, 13, 20 e 23 de decembro 


Persoas traballadoras do sector de grandes almacéns mobilizáronse hoxe convocadas pola CIG-Servizos en distintas comarcas galegas

Foto: CIG

Infogauda/Galiza

 Persoas traballadoras do sector de grandes almacéns mobilizáronse hoxe convocadas pola CIG-Servizos en distintas comarcas galegas para denunciar a precariedade laboral que padecen e reclamar condicións laborais e salariais dignas. As concentracións, celebradas ás 12:00 horas en Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol, Vilagarcía e Santiago, fan parte da campaña de protestas iniciada o pasado mes de marzo e que continuará con novas xornadas de folga os días 28 de novembro e 6, 13, 20 e 23 de decembro. 

 A central sindical valora estas accións como un novo paso na loita colectiva fronte ás políticas empresariais que están a deteriorar progresivamente as condicións de traballo nun sector no que grandes compañías como Carrefour ou Alcampo continúan acumulando importantes beneficios mentres manteñen uns salarios que apenas superan o SMI. 

 A campaña abrangue non só as grandes cadeas de distribución, senón tamén as empresas auxiliares que lles prestan servizos e aquelas compañías que, malia contar con convenios propios, reproducen na práctica as condicións do convenio estatal de grandes almacéns. 

 Desde a CIG-Servizos denuncian que a transformación do sector, especialmente polo avance do comercio electrónico, está a ser utilizada polas empresas como escusa para intensificar a precarización laboral. A redución dos cadros de persoal, a falta de cobertura das baixas, vacacións e licenzas e a implantación de sistemas organizativos que incrementan as cargas de traballo están a provocar unha presión cada vez maior sobre o persoal. 

 Esta realidade afecta especialmente a un sector altamente feminizado, cunha elevada porcentaxe de contratacións a tempo parcial e no que a conciliación da vida persoal, familiar e laboral resulta practicamente imposible. As quendas partidas, os horarios cambiantes e a imposición do traballo en domingos e festivos, sen compensacións adecuadas, forman parte da realidade cotiá de milleiros de persoas traballadoras. 

 A isto súmanse os incumprimentos dos descansos diarios e semanais legalmente establecidos, así como uns ritmos de traballo cada vez máis elevados que repercuten directamente na saúde física e mental do persoal, incrementando os problemas músculo-esqueléticos, o estrés e a ansiedade. 

A precariedade como norma 

 Dende a CIG-Servizos consideran inaceptábel que, mentres as grandes compañías continúan acumulando beneficios millonarios, as persoas traballadoras teñan que soportar unhas condicións laborais cada vez máis precarias e unhas retribucións que non recoñecen a súa responsabilidade, polivalencia, dispoñibilidade nin esforzo diario. 

 A central sindical insiste en que a experiencia dos últimos anos demostra que a negociación centralizada en Madrid, en mans das grandes organizacións sindicais estatais, non está a dar resposta ás necesidades específicas do persoal galego. Pola contra, está a consolidar un modelo de condicións laborais e salariais claramente insuficiente. 

 Por iso, a CIG defende a necesidade de que Galiza teña capacidade para decidir sobre as condicións laborais do seu comercio, apostando por un marco galego de negociación colectiva que teña en conta a realidade económica, social e laboral do país. 

 As mobilizacións deste martes terán continuidade coas xornadas de folga convocadas para os días 28 de novembro e 6, 13, 20 e 23 de decembro. A CIG-Servizos chama o conxunto das persoas traballadoras do sector a participar activamente nas convocatorias e reforzar a organización e a resposta colectiva fronte á precariedade. 

 Entre as principais reivindicacións da central sindical destacan: 

• Máis persoal e xornadas completas: incrementar os cadros de persoal, transformar contratos a tempo parcial en xornadas completas e garantir as contratacións necesarias para acabar coa sobrecarga de traballo. 

• Horarios estábeis e conciliación real: establecer quendas previsíbeis, evitar modificacións constantes dos horarios, garantir os descansos legais e respectar a voluntariedade do traballo en domingos e festivos. 

• Salarios xustos e recoñecemento profesional: incorporar ao novo convenio complementos salariais que recoñezan a responsabilidade, a polivalencia, a dispoñibilidade e o valor real do traballo desenvolvido. 

• Un Acordo Marco Galego de Comercio: constituír unha mesa de negociación propia que permita avanzar cara a un marco galego que responda ás necesidades do comercio do país e garanta a defensa da negociación colectiva provincial fronte á centralización estatal.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez aposta na valorização do sabugueiro como nova oportunidade para a agricultura local  

•  Projeto-piloto desenvolvido em parceria com a Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca e a empresa Meridiano pretende avaliar o potencial produtivo do sabugueiro e criar novas oportunidades de valorização económica no território. 


A primeira fase do projeto concretizou-se com a instalação de uma plantação experimental que integra material vegetal de diferentes proveniências de Portugal e Espanha
Foto: MAdeV

María Joâo Brito/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez, através do Serviço Agrário, deu início a um projeto-piloto dedicado à valorização da cultura do sabugueiro (Sambucus nigra L.), em parceria com a Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca e a empresa Meridiano. A iniciativa pretende avaliar o potencial produtivo desta espécie no concelho e criar condições para o desenvolvimento de novas oportunidades de diversificação e rendimento para os agricultores locais. 

 Tradicionalmente presente nas bordaduras dos campos agrícolas, nas sebes e nas margens das linhas de água, o sabugueiro faz parte da paisagem rural e do património natural e cultural do Alto Minho. Apesar da sua presença espontânea no território e da utilização tradicional das suas flores e frutos, o seu potencial enquanto cultura agrícola permanece ainda pouco explorado na região. 

 A primeira fase do projeto concretizou-se com a instalação de uma plantação experimental que integra material vegetal de diferentes proveniências de Portugal e Espanha. Está igualmente prevista a introdução de exemplares provenientes de outras regiões europeias, permitindo alargar a diversidade de materiais em estudo. 

 O objetivo é acompanhar e comparar o comportamento das diferentes proveniências, avaliando a sua adaptação às condições de solo e clima de Arcos de Valdevez, o desenvolvimento vegetativo, a produtividade e o potencial de valorização comercial. Os resultados permitirão identificar os materiais vegetais mais promissores e reunir informação técnica para apoiar uma eventual expansão da cultura no concelho. 

 O interesse económico do sabugueiro tem vindo a crescer, sobretudo pela diversidade de aplicações das suas flores e frutos em diferentes setores de atividade. As flores, apreciadas pelo seu aroma característico, são utilizadas na produção de infusões, xaropes, bebidas aromatizadas, licores, produtos de pastelaria e confeitaria, podendo ainda integrar formulações de produtos cosméticos e de higiene pessoal. Por sua vez, as bagas, ricas em pigmentos naturais e compostos antioxidantes, apresentam potencial para a produção de sumos, néctares, compotas, geleias, concentrados, molhos e ingredientes destinados à indústria alimentar, mediante processamento adequado. 

 Para além destas utilizações tradicionais, o sabugueiro desperta interesse na produção de corantes alimentares de origem natural, extratos vegetais e ingredientes para suplementos alimentares e produtos cosméticos. A crescente valorização dos ingredientes de origem vegetal e dos produtos diferenciados abre novas perspetivas de mercado para esta cultura, criando oportunidades para o desenvolvimento de pequenas unidades de transformação agroalimentar, a diversificação das atividades agrícolas e o estabelecimento de novas cadeias de valor envolvendo produtores, cooperativas e empresas especializadas. 

 Para além do potencial económico, a valorização desta espécie poderá contribuir para a preservação da biodiversidade, a diversificação das explorações agrícolas e a recuperação de elementos tradicionais da paisagem rural. A sua integração em sistemas agrícolas diversificados poderá também favorecer a presença de insetos polinizadores, reforçar a estrutura ecológica da paisagem e contribuir para uma utilização mais sustentável dos recursos do território. 

 A parceria estabelecida entre o Município, a Cooperativa Agrícola e a empresa Meridiano constitui uma componente central da iniciativa, permitindo articular conhecimentos, experiências e competências na experimentação agrícola e na avaliação de novas oportunidades de valorização dos recursos locais. 

 Com esta iniciativa, o Município de Arcos de Valdevez reforça a sua aposta na inovação e na valorização dos recursos endógenos, procurando criar novas oportunidades para a agricultura e para a economia rural. 

 Mais do que recuperar uma espécie tradicional, este projeto pretende demonstrar que os recursos naturais e os saberes associados ao território podem constituir a base de novas atividades económicas, conciliando a preservação do património rural com a inovação, a sustentabilidade e a criação de valor. 

 O sabugueiro, há muito presente na paisagem arcuense, poderá assim ganhar uma nova dimensão: de espécie tradicional a cultura agrícola com potencial de futuro.

ARCOS DE VALDEVEZ

Aguiã promoveu Jantar Solidário Francês 

 

O Presidente da Câmara, Olegário Gonçalves, enalteceu o espírito solidário da iniciativa, que contou com a presença de 120 pessoas
Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 Os Festeiros da Festa de Nossa Senhora das Dores 2027 promoveram um Jantar Francês de angariação de fundos para a realização da principal festa religiosa da freguesia.   

 O Presidente da Câmara, Olegário Gonçalves, enalteceu o espírito solidário da iniciativa, que contou com a presença de 120 pessoas que se juntaram num ambiente de festa e solidariedade.  

 O jantar teve como base um menu francês, confecionado pelo Chefe Hugues Delahaye, que assegurou as despesas em conjunto com Carlos Sousa, um dos elementos da organização do evento.  

 A festa decorreu na Casart&cultura, em Aguiã, e contou com a presença do Presidente e de elementos do executivo da Junta de Freguesia, amigos e população em geral.

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez associa-se à Campanha “Dê Troco a Quem Precisa” 

 

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 “Dê Troco a Quem Precisa” é uma iniciativa solidária que tem como objetivo angariar donativos para ajudar famílias em situação de pobreza a aceder aos medicamentos de que precisam para viver.   

 Nesta campanha, os utentes são convidados a doar o troco das suas compras numa das farmácias aderentes, e contribuir ativamente para o Fundo solidário abem, utilizado exclusivamente para pagar medicamentos a famílias vulneráveis.   

 A 16ª edição irá decorrer de 9 a 23 de dezembro, nas farmácias aderentes.   

 O Programa abem já ajudou mais de 48.000 pessoas.  

 Com a sua ajuda, poderemos apoiar muitas mais.  

 Abem: da Saúde de Todos.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez distinguido novamente como Autarquia Solidária 


María Joâo Brito/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez recebeu, no passado dia 20 de novembro, o galardão «Autarquia Solidária», no âmbito do IV Congresso da Cidade Social, realizado em Lousada. A cerimónia contou com a presença da Vice-Presidente da Câmara Municipal, Emília Cerdeira, e de representantes dos Serviços Municipais. 

 Esta distinção constitui um reconhecimento público das boas práticas municipais desenvolvidas no concelho nas áreas da coesão social, inclusão e bem-estar. 

 A Autarquia recebe este galardão com satisfação, vendo reconhecido o trabalho desenvolvido pelo Município, em estreita colaboração com os parceiros locais, no apoio às famílias e à comunidade, à população idosa, à infância e juventude e na área da habitação. 

 Em Arcos de Valdevez, a intervenção municipal abrange o apoio às instituições sociais, quer na sua atividade regular, quer na ampliação das instalações e aquisição de equipamentos. 

 A habitação constitui igualmente uma área prioritária de intervenção, através da reabilitação de habitações de famílias em situação de maior vulnerabilidade, da construção de apartamentos para arrendamento jovem apoiado, do apoio à construção e reabilitação de habitações e da atribuição de subsídios ao arrendamento. 

 Em parceria com diversas entidades locais, o Município promove ainda programas e iniciativas integrados no Plano Municipal para a Igualdade e Não Discriminação e no Plano Municipal do Idoso, com o objetivo de incentivar o envelhecimento ativo e saudável e promover o convívio e a interação entre gerações. 

 A Câmara Municipal agradece a todos os colaboradores, parceiros e cidadãos que contribuem para este reconhecimento e reafirma o seu compromisso de continuar a desenvolver políticas e iniciativas que promovam uma comunidade cada vez mais coesa, inclusiva e solidária.

23 de nov. de 2026

DEPORTES

ATLETISMO

Julia Vaquero imponse na súa categoría da III Milla Cidade de Vigo cun rexistro de 6:47,60 


Julia Vaquero entrando en liña de meta en 1ª posición na terceira edición da Milla Cidade de Vigo
Fotos: Cedidas
Julia Vaquero - no centro - con Ana Lampón e Marta Losada, xunto co concelleiro de Deportes, Manel Fernández e un membro da organización da proba   

Ricardo Rodríguez Vicente/Vigo

 A histórica atleta da Guarda, Julia Vaquero (Club Atletismo Veteranos de Samil), volveu demostrar a súa vixencia e calidade competitiva o pasado sábado, 21 de novembro de 2026, na terceira edición da Milla Cidade de Vigo. Nunha xornada marcada polo vento e a chuvia na contorna da rúa Lamelas (fronte ás instalacións de Máis que Auga Navia), Vaquero alzouse coa vitoria na serie correspondente ás categorías veteranas femininas (F3-F4-F5) tras completar os 1.609 metros (catro voltas ao circuíto urbano) nun tempo oficial de 6:47,60.

Desenvolvemento da proba e podio veterano  

 A competición de adultos disputouse en quendas combinadas por franxas de idade dentro do circuíto Run RunVigo 2026. Na carreira que reuniu as categorías F3-F4-F5 e M3-M4-M5, Julia Vaquero impuxo un ritmo sólido malia as adversas condicións meteorolóxicas, cruzando a liña de meta en primeira posición con máis de once segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada.

 O podio feminino das categorías veteranas (F3-F4-F5) quedou configurado do seguinte xeito: 

Posto Atleta Club Tempo oficial

1ª Julia Vaquero Sousa - Club Atletismo Veteranos 6:47,60 

2ª Ana Lampón Caride - Máis que Auga 6:58,80 

3ª Marta Losada Figueroa — 7:01,60

Unha semana brillante no atletismo vigués  

 O triunfo de Julia Vaquero na milla urbana de Navia pon o broche a unha semana destacada da atleta guardesa nas rúas viguesas, despois de ter acadado tamén o terceiro posto na proba dos 10 quilómetros disputada seis días antes (15 de novembro) no marco da XXVIII Media Maratón de Vigo. 

 A xornada do sábado reuniu preto de 250 participantes entre todas as categorías organizadas pola Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, aínda que o empeoramento do temporal a última hora obrigou finalmente a suspender a proba de relevos mixtos 10K que estaba prevista para pechar o evento

A GUARDA

O ALCALDE DA GUARDA, ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, INAUGURA AS ENTREVISTAS DA RADIO ESCOLAR DO COLEXIO PADRES SOMASCOS – FUNDACIÓN EDUCERE  

• O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria converteu o alcalde no primeiro convidado deste proxecto interdisciplinar, impulsado ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) da Xunta de Galicia 

 

Durante o encontro, os pequenos e pequenas tiveron a oportunidade de trasladarlle ao alcalde diferentes cuestións relacionadas coa Guarda
Foto: CdaG

Infogauda/A Guarda 

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, participou como primeiro entrevistado na radio escolar do Colexio Padres Somascos – Fundación Educere, da Guarda, unha iniciativa educativa que nace co obxectivo de fomentar a comunicación, a expresión oral e o traballo colaborativo entre o alumnado.  

 O proxecto de radio escolar é unha iniciativa interdisciplinar na que participan os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria e que foi posible grazas ao Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) da Xunta de Galicia, a través do cal o centro puido impulsar a creación dun espazo radiofónico na súa biblioteca escolar.  

 Nesta primeira entrevista, o alumnado tivo un papel protagonista en todo o proceso: elaborou os cuestionarios coas preguntas que lle formularían ao alcalde e mesmo algúns nenos e nenas voluntarios asumiron o papel de locutores e locutoras do programa, contando en todo momento co acompañamento e apoio das titoras dos cursos.  

 Durante o encontro, os pequenos e pequenas tiveron a oportunidade de trasladarlle ao alcalde diferentes cuestións relacionadas coa Guarda, coñecer un pouco mellor o seu traballo e preguntarlle, entre outras curiosidades, cal é o seu lugar favorito do municipio.  

 Ademais, aproveitaron a ocasión para compartir as súas propias propostas sobre novos espazos e servizos que lles gustaría ter na Guarda e que lles permitirían gozar aínda máis do seu tempo de lecer no municipio.  

 Dende o Concello da Guarda queren agradecer ao Colexio Padres Somascos – Fundación Educere a invitación e, especialmente, ao alumnado e ao equipo docente a súa iniciativa e ilusión por esta experiencia educativa.  

 A entrevista poderá verse e escoitarse proximamente na canle de YouTube da biblioteca escolar, Biblio Somascos (@BiblioSomascos), onde quedará recollida esta primeira experiencia radiofónica.

O ROSAL

O Rosal reivindica unha vida sen medo e libre de violencia machista   

• O Concello conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha concentración, a proxección dunha curta, un coloquio e unha nova cita cos Cafés en Igualdade  

•  O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier súmase á programación con cuñas radiofónicas para sensibilizar á veciñanza 

 

Infogauda/O Rosal 

 O Rosal dá unha resposta colectiva e firme contra a violencia machista. O Concello conmemora o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha ampla programación os días 25 e 26 de novembro na Sala de Exposicións que pon o foco na denuncia das violencias de xénero, na defensa do dereito das mulleres a ocupar os espazos públicos con liberdade e na importancia das redes de apoio e dos coidados. 

 Para a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, é fundamental manter o compromiso institucional e social contra todas as formas de violencia machista. “O 25N é unha data para lembrar que a violencia contra as mulleres continúa sendo unha realidade que nos interpela como sociedade. Non podemos normalizar o medo, o acoso nin ningunha forma de violencia que limite a liberdade das mulleres. Desde o Concello queremos contribuír a visibilizar estas situacións, promover a reflexión colectiva e seguir construíndo un Rosal no que todas poidamos vivir libres e seguras”, sinala. 

Foco no espazo público, na liberdade e nas violencias machistas 

 A programación arrancará o mércores 25 de novembro, ás 20.00 horas, cunha concentración de repulsa da violencia de xénero, un encontro para expresar o rexeitamento colectivo a todas as formas de violencia contra as mulleres e reafirmar o compromiso da veciñanza coa igualdade. A continuación, proxectarase a curta ‘Soa e borracha’, de Jorge Yebra, que dará paso a un coloquio con Sabela Salgueiro sobre ‘A rúa tamén é nosa. Violencias machistas, medo e liberdade no espazo público’. A curta será cedida pola Asociación Ghorghalado, que un ano máis colaborará de forma altruísta e desinteresada no acto.  

 A concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, pon en valor a importancia de abrir espazos para falar de situacións que, en moitas ocasións, continúan asumíndose como parte da vida diaria. “Queremos que esta programación nos axude a identificar e cuestionar comportamentos e violencias que non podemos seguir normalizando. As mulleres temos dereito a ocupar as rúas, a movernos con liberdade e a vivir sen medo. Falar destas realidades, compartilas e escoitarnos é fundamental para avanzar cara a unha igualdade efectiva”, explica. 

 A programación continuará o xoves 26 de novembro, ás 17.30 horas, cunha nova edición dos Cafés en Igualdade, que nesta ocasión levará por título ‘As que nos sosteñen. A amizade como apoio e coidado entre mulleres’. O encontro estará conducido por Angelina Gándara Alonso, experta en Igualdade e axente de igualdade de AG Socioeducación, e ofrecerá un espazo para reflexionar sobre a importancia dos vínculos, a amizade e as redes de apoio entre mulleres como elementos de acompañamento, benestar e coidado mutuo. 

A infancia tamén pon voz á loita contra a violencia de xénero 

 A conmemoración do 25N conta tamén coa participación do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, que elaborou unha serie de cuñas radiofónicas contra a violencia de xénero no marco do proxecto ‘Elixe as Green Flags’, financiado pola Deputación de Pontevedra. As gravacións poderán escoitarse na páxina web e nas redes sociais do Concello do Rosal, levando as mensaxes de sensibilización creadas polos nenos e nenas ao conxunto da veciñanza. 

 A alcaldesa agradece a implicación da comunidade educativa e do alumnado nesta iniciativa, xa que “a educación é unha ferramenta imprescindible para previr a violencia de xénero. Que os nenos e nenas participen activamente, reflexionen e elaboren as súas propias mensaxes é unha maneira de sementar conciencia crítica e avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria”.

CAMINHA

A Mais Bela Maldição, de Rui Couceiro, apresentado na Biblioteca Municipal de Caminha 




Infogauda/Caminha

 A iniciativa “Um Livro, Uma Conversa e às vezes um Filme” continua. Em novembro traz à Biblioteca Municipal de Caminha a obra “A Mais Bela Maldição”, de Rui Couceiro, com apresentação de Manuel Sobrinho Simões. A sessão terá lugar no dia 28 de novembro, pelas 17h00. 

 Publicado em 2026, A Mais Bela Maldição reúne histórias reais de pessoas unidas por uma paixão comum: os livros. Entre os protagonistas encontram-se personagens de diferentes países, profissões e circunstâncias de vida, que partilham uma ligação profunda ao universo da leitura e das bibliotecas pessoais.

 Segundo a escritora Irene Vallejo, a obra constitui “uma maravilhosa coleção de histórias literárias” que convida os leitores a mergulharem em percursos humanos marcados pelo amor aos livros, num retrato sensível e inspirador de todos aqueles que encontram na leitura uma parte essencial da sua vida.

 Natural do Porto, Rui Couceiro desenvolveu uma longa carreira ligada ao mundo editorial, tendo trabalhado na Porto Editora e na Bertrand, onde criou e dirigiu a chancela Contraponto. Atualmente, é comissário do festival literário BABELL, promovido pela Fundação Livraria Lello, e integra o Conselho Cultural da Fundação Eça de Queiroz. É também autor de obras reconhecidas como Baiôa sem Data para Morrer e Morro da Pena Ventosa.

 A iniciativa é organizada pelo Município de Caminha e pelos Amigos da Rede das Bibliotecas de Caminha, proporcionando ao público um momento de partilha e reflexão em torno da literatura, da leitura e das histórias que os livros guardam.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Ação de sensibilização “Vamos falar sobre demência…” agendada para a Freguesia de Gondarém  


Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira

 A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira promove, na próxima quarta-feira, 25 de novembro, pelas 18h30, na Junta de Freguesia de Gondarém, a terceira ação de sensibilização “Vamos falar sobre demência…”, integrada no Plano de Ação da Rede Social para 2026.  

 A iniciativa tem como principal objetivo sensibilizar e informar a comunidade para a temática das demências, contribuindo para o aumento da literacia em saúde e para uma melhor compreensão dos desafios associados a estas patologias. A ação pretende, igualmente, promover a partilha de conhecimentos e experiências, esclarecendo dúvidas relacionadas com os sinais de alerta, o diagnóstico, o acompanhamento e as estratégias de apoio às pessoas diagnosticadas e às respetivas famílias e cuidadores.  

 Num contexto marcado pelo envelhecimento da população e pelo aumento do número de casos associados às demências, torna-se fundamental promover momentos de reflexão e de proximidade junto da comunidade, reforçando a importância da deteção precoce, da intervenção especializada e do apoio às famílias e cuidadores informais.  

 A sessão conta com a participação da Dr.ª Patrícia Martins, psicóloga do Gabinete Municipal de Psicologia e da Enf.ª Isabel Bacelar, da Unidade de Cuidados na Comunidade Saúde em Movimento do Centro de Saúde de Vila Nova de Cerveira, que vão abordar diferentes perspetivas relacionadas com a saúde mental, os cuidados de saúde e o acompanhamento das pessoas com demência.  

 A ação dirige-se à comunidade em geral, sendo especialmente destinada a familiares, cuidadores informais, profissionais das áreas social e da saúde e a todos os interessados em aprofundar conhecimentos sobre a demência e os desafios associados ao envelhecimento.  

 A continuidade destas iniciativas demonstra o empenho das entidades parceiras da Rede Social na promoção do bem-estar da população e na criação de respostas de proximidade, capazes de apoiar quem vive diretamente com esta realidade.

TUI

O BNG reivindicará en Madrid a mellora do Miño como prioridade estratéxica para o país   

•  Da Silva pide máis forza do Bloque nas Cortes para cambiar a perspectiva das actuacións no río e situalo no ‘km cero’ da toma das decisións  

•  Denuncia que o caudal está sometido aos intereses privados das eléctricas e a necesidade dun saneamento urxente e de pontes de conexión con Portugal    


Nunha xuntanza coas alcaldesas de Tomiño, Sandra González; de O Rosal, Ánxela Fernández; a candidata á Alcaldía de Tui, Carmen Núñez, e outros integrantes da formación na comarca do Baixo Miño, Da Silva denunciou o deixamento que sofre o río por parte do Estado
Foto: BNG

Infogauda/Tui

 O BNG reivindicará en Madrid a mellora do Miño como prioridade estratéxica para o país. Así o anunciou hoxe a candidata Carme da Silva, quen pediu dende Tui máis forza para o Bloque co fin de cambiar a perspectiva das actuacións no río e situalo no ‘km cero’ da toma das decisións para iniciar o seu saneamento e evitar que o caudal estea sometido a intereses privados das eléctricas.   

 A nacionalista denunciou que o río, que dá sentido á comarca, está abandonado e sometido a unha xestión estatal que trata a fronteira como un límite en lugar de como un espazo de relación. Subliñou que só se o BNG consegue máis peso político e capacidade de presión nas Cortes poderán darse pasos adiante no saneamento e na recuperación integral, a súa desprivatización e desmilitarización, novas Pontes de conexión, así como nunha nova concepción que o convirta nun lugar de encontro, comunicación e desenvolvemento económico e social entre Galiza e Portugal.  

 Nunha xuntanza coas alcaldesas de Tomiño, Sandra González; de O Rosal, Ánxela Fernández; a candidata á Alcaldía de Tui, Carmen Núñez, e outros integrantes da formación na comarca do Baixo Miño, Da Silva denunciou o deixamento que sofre o río por parte do Estado, que mantén as competencias sobre un territorio fundamental para a comarca e para as relacións transfronteirizas, pero que continúa sometido a unha visión centralista que o concibe como unha fronteira e non como unha oportunidade.  

 “Estamos ao pé do Miño, o río da nosa bandeira, un símbolo do noso país. Un río que está privatizado por unha sucesión de encoros e que neste momento está ameazado por un máis de Naturgy en Crecente”, advertiu, criticando que o aproveitamento do caudal estea entregado aos intereses das grandes compañías eléctricas mentres os territorios que viven ao seu carón non poden decidir sobre un recurso natural que forma parte da súa identidade e que debería ser fonte de riqueza e benestar.  

 A candidata nacionalista reclamou o saneamento e recuperación integral do Miño e a súa desprivatización fronte a un modelo que encadea encoros e explotacións hidroeléctricas para beneficio das eléctricas. Defendeu que deben poñerse límites aos privilexios das grandes compañías e que é necesario establecer un imposto especial que permita que parte dos beneficios que obteñen revertan na sociedade.  

 Da Silva incidiu en que o Miño necesita tamén deixar atrás a militarización da súa xestión e contar cunha autoridade civil, cunha estrutura administrativa que responda ás necesidades dos territorios e das persoas que viven na contorna. A regulación da pesca e outras actividades por parte de estruturas militares, así como as dificultades e trabas administrativas que padecen as persoas habitantes da fronteira, son para o BNG unha mostra dunha organización que non se adapta á realidade social e económica da raia.  

 O Bloque defende, como solución a boa parte dos problemas, a creación dunha autoridade única de gobernanza transfronteiriza con competencias delegadas polos dous Estados e participación das administracións implicadas que permita xestionar de maneira conxunta o espazo internacional do Miño. Este organismo debería asumir cuestións como a protección ambiental, o control dos vertidos, a xestión da pesca, a promoción económica e turística e a eliminación das mencionadas trabas administrativas que dificultan as relacións entre ambas as dúas beiras.  

 Tamén puxo de referencia a necesidade de reforzar as conexións mediante novas pontes sobre o río, tanto para mellorar a comunicación e a actividade económica como para favorecer a mobilidade e as relacións. Neste sentido, Da Silva defendeu a construción da ponte que dea servizo á PLISAN, unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento empresarial da comarca e para aliviar o tráfico pesado no centro de Salvaterra, así como a creación da proxectada pasarela peonil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, que permita estreitar os vínculos entre ambas as localidades e avanzar nunha mobilidade transfronteiriza máis próxima, sustentable e accesible.  

 Da Silva sostén que a cooperación entre Galiza e Portugal debe ser unha prioridade política e non unha cuestión residual dependente da vontade do goberno de Madrid. A candidata nacionalista incidiu en que a realidade da fronteira contrasta radicalmente coa visión centralista do Estado. “A xente que vive aquí entende o Miño como un lugar de relación, de convivencia, de intercambio, como unha oportunidade para compartir cultura, economía e vida. Desde Madrid veno como unha fronteira, como un límite tras o que parece que non hai nada. Esa é a visión dos partidos estatais e centralistas: ignoran a realidade dun territorio que ten moitísimo potencial e que está abandonado”, afirmou.  

 Fronte a isto, o BNG considera que o Miño debería ser un motor de desenvolvemento para toda a comarca, un espazo capaz de impulsar a pesca artesanal, o turismo sostible, a actividade económica, a conservación ambiental e as relacións sociais entre ambos países. Así, a candidata apelou á necesidade de contar cunha representación forte do Bloque nas Cortes para conseguir que as demandas se convertan en compromisos e actuacións concretas. “No BNG non estaremos en Madrid para pedir, estaremos para esixir. Precisamos ter forza política para que Galiza conte, para defender o noso territorio e para que as relacións con Portugal deixen de depender exclusivamente do estado. O BNG vai dar a cara polo país, porque o BNG non defrauda”, afirmou, chamando a concentrar o voto no Bloque o próximo 29 de novembro.