Amosando publicacións coa etiqueta FESTICLOWN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FESTICLOWN. Amosar todas as publicacións

28 de xul. de 2011

VIGO

ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA LEO BASSI



Jéssica Beiroa / Vigo


Nunha xornada marcada por se esgotaren as entradas para o espectáculo de Leo Bassi, taménconstantamos unha grande afluencia de público na gala por Palestina, que marcou a xornada deste xoves no Festiclown. No que foi un espectáculo do máis completo a nivel artístico, tamén a parte solidaria e emotiva estivo moi presente.
Ademais, compañías coma Circo Alboroto e Judita Látigos arrincaron as gargalladas e o asombro de centos de persoas nas actuacións do Certame Intergaláctico e Maraclown. Neste sentido, as rúas de Vigo volveron ser espazos para o teatro e o clown da mellor calidade da man da coidada selección de compañías que Festiclown fixo para a edición 2011.
No que respecta á xornada de mañá venres, xa está todo vendido para ver a estrea mundial do espectáculo de Leo Bassi. A última creación do xenial cómico italo-americano, titulada “Las raíces judeo-cristianas de occidente: un fraude histórico” colgou o cartel de non hai billetes a primeiras horas do xoves.
Para o que aínda queda algunha localidade é para o show de Yllana, que nos traerá o seu espectáculo “666” o vindeiro sábado ás dez da noite.
Máis actuacións e clases abertas no venres
Esta xornada será unha das máis nutridas en cantidade e calidade dos espectáculos. Deste xeito, ademais do mencionado Leo Bassi, poderemos ver aos balears “Circ Bover” dentro da sección “Isto non é Walt Disney” ás 18:00 horas e con “Maressia” ás doce da noite na carpa da praza do Rei, a Bla Bla Bla ás 19:30 en Constitución con “Bésese antes de usar”, entre outras.
Tamén será a primeira sesión de clases abertas, con dúas ás doce, no conservatorio e na rúa Príncipe. Serán as do curso de maxia cómica&clown e zancos. Ademais, ás seis celebrarase a mostra de fin de curso da Conspiración do Butohclown tamén en Príncipe e ás seis e media, outras dúas, xa no conservatorio superior de música, a de teatro do oprimido e a de “descubrindo a commedia dell´arte”.