A CIG desenvolverá unha concentración no supermercado Mercadona
• Este venres, 6 de novembro, ás 11:30 horas, na Avenida de Madrid, 108 (Vigo)
Infogauda/Vigo
A CIG desenvolverá este venres, 6 de novembro,a ás 11:30 horas, no supermercado Mercadona, sito na Avenida de Madrid, 108 (Vigo), unha concentración para denunciar que a empresa de alimentación continúa utilizando o sistema de valoración da prima de beneficios como mecanismo de castigo contra as persoas que desenvolven actividade sindical. E isto a pesar de que a Inspección de Traballo constatou que se trata dunha medida discriminatoria e pouco garantista que vulnera o dereito de liberdade sindical, cualificando a infracción como moi grave e propoñendo unha sanción de 50.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario