A GUARDA DARÁ A BENVIDA AO NADAL ESTE VENRES CO TRADICIONAL ACENDIDO DAS LUCES
• A cita terá lugar o 27 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza do Reló
Infogauda/A Guarda
O Concello da Guarda celebrará este venres, 27 de novembro, o tradicional acendido das luces de Nadal, un acto co que o noso municipio dará oficialmente a benvida a unha das épocas máis especiais do ano.
A cita terá lugar ás 19:00 horas na Praza do Reló, onde veciñanza guardesa e visitantes poderán compartir este momento tan esperado e gozar da iluminación que encherá de ambiente festivo as nosas rúas.
A celebración comezará xa ás 18:30 horas, cunha proposta de animación para amenizar a espera. Ademais, tras o acendido das luces, terá lugar un pasarrúas a cargo do grupo Elegantes de Blanco, que percorrerá o espazo festivo achegando música e diversión á xornada.
Dende o Concello da Guarda convidan a toda a veciñanza, especialmente ás familias e aos máis pequenos, a participar nesta celebración e compartir o inicio das festas de Nadal.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario