27 de nov. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

Ana Marín, convocada coas Guerreras Arena 

• A porteira do Atlético Guardés é unha de las 10 convocadas por Juan Carlos Morillo para la próxima concentración da Selección Española de balonmán praia 

• A gardameta competirá os próximos 4 e 5 de decembro xunto co equipo nacional español no Global Beach Tour Final Omán 2026, onde lle esperan catro partidos 


Ana Marín, foi convocada coas Guerreras Arena para competir o próximo 4 e 5 de decembro en Muscat, Omán
Foto: SportCoeco

Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés contará con presenza no parón internacional. A súa porteira, Ana Marín, foi convocada coas Guerreras Arena para competir o próximo 4 e 5 de decembro en Muscat, Omán, defendendo as cores españolas na fase final do Global Beach Tour. 

 A malagueña está citada co resto da Selección Española de balonmán praia o mércores 2 de decembro no Prat, onde pernoitarán para viaxar ao día seguinte a Mascate, cidade en la que se hospedará a comitiva durante todo o campionato ata o luns 7, cando regresarán de novo a Barcelona.  

 Juan Pablo Morillo, seleccionador do conxunto nacional de praia, convocou a un total de 10 xogadoras para disputar os catro partidos que España debe afrontar nesta fase final do campionato internacional da disciplina: o venres 4 a Tailandia (12.00 hora española) e a Alemaña (22.00 hora española) e o sábado 5 ante Portugal (ás 13.00 hora española). Dependendo dos seus resultados, a Selección competirá esa mesma tarde de sábado polo bronce (20.00 h) ou en la final (22.00 h).  

 Trátase do segundo compromiso internacional para a porteira do equipo baixomiñoto, despois de ser chamada para a súa categoría absoluta por primeira vez por Morillo o pasado verán. As 10 convocadas son las seguintes: 

- Portería: Paula Quiles (Club Hancbol Xàbia) e Ana Marín (Atlético Guardés) 

- Especialista: Sara Hernández (CATS Playas de Fuengirola) 

- Especialistas defensivas: María Trujillo, Adriana Jiménez (Fundación Fomento Deporte CBMP Ciudad de Málaga) e Suhana Bayonas (Xàbia)  

- Universais: Nuria Puebla (CBM Getasur) e María Lagoa (Playas de Fuengirola) 

- Á esquerda: Rosa Benítez (Xàbia) 

- Pivote: Ariadna Vázquez (Llopis Balonmano Playa Sevilla) 

 Desde o Atlético Guardés deséxanlle toda a sorte do mundo a Ana Marín, que representará o equipo con todo o orgullo que supón para o club baixomiñoto durante este parón.  

Ana Marín: “Para min é un orgullo poder ir, representar o meu país e achegar o meu granito de area” 

 Para a porteira do Atlético Guardés, Ana Marín, esta chamada da Selección Española de balonmán praia fíxoa sentirse “moi feliz”, véndoa como unha recompensa a todo o traballo que desempeña co seu equipo cada semana. A importancia da cita, que se trata alén da súa segunda participación nunha convocatoria internacional absoluta, non é baladí: “Para min é un orgullo poder ir, representar o meu país e poder achegar o meu gran de area”. 

 Ademais, como todas as citas deste calibre, trátase dunha oportunidade ideal para seguir aprendendo fóra dos límites das competicións nacionais e para entrar en contacto coas mellores xogadoras do país. Para Marín, as outras nove convocadas poderán ofrecerlle todo iso grazas á diversidade do grupo: “O conxunto é xenial”, explica, destacando que o seu punto forte é a mestura de “experiencia con mocidade”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario