O VIDOC VOLVE Á GUARDA EN DECEMBRO PARA A RENOVACIÓN DO DNI E PASAPORTE
• O Vehículo Integral de Documentación instalarase no noso municipio os martes 15 e 29 de decembro
• As persoas interesadas en realizar os trámites deberán pedir cita previa o xoves 3 de decembro, a partir das 9:00 horas, presencialmente na planta baixa do Concello ou no teléfono 986 61 00 00
Infogauda/A Guarda
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de decembro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).
Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do xoves, 3 de decembro, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 610 000 a partir das 9:00 horas.
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, os martes 15 e 29 de decembro. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa.
Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.
As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario