RED CIFT conecta as dúas marxes da fronteira ibérica con 33 itinerarios para impulsar o turismo fluvial sostible
• O proxecto Interreg España-Portugal conclúe a súa etapa de execución cunha rede de cooperación, unha metodoloxía común e novas ferramentas para valorizar os ríos e os territorios transfronteirizos.
Infogauda/Miranda do Douro (Portugal)
Tras dous anos e medio de traballo conxunto, RED CIFT, a Rede de Cruceiros Ibéricos Fluviais Transfronteirizos, celebrou as súas xornadas de presentación de resultados e peche en Miranda do Douro, os días 19, 20 e 21 de outubro. O encontro reuniu as entidades socias de España e Portugal para compartir os avances dunha iniciativa que permitiu desenvolver e mellorar 33 itinerarios náutico-culturais en cinco concas fluviais ibéricas: Miño, Limia, Douro, Texo e Guadiana.
Financiado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, RED CIFT traballou para converter os ríos transfronteirizos en espazos de conexión, cooperación e desenvolvemento turístico, promovendo novas experiencias vinculadas ao patrimonio natural e cultural de ambos os dous países.
O proxecto conta cun orzamento de 816.646,61 euros, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e está liderado polo Clúster Marítimo-Marino de Andalucía (CMMA).
Cinco ríos, un obxectivo común
RED CIFT conta coa participación de oito entidades españolas e portuguesas que uniron esforzos para identificar recursos, desenvolver e mellorar itinerarios náutico-culturais e xerar novas oportunidades para o turismo fluvial. O proxecto está liderado polo Clúster Marítimo-Marino de Andalucía (CMMA) e reúne a Associação Galega de Atividades Náuticas (AGAN+), a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), a Associação para o Desenvolvimento do Baixo Guadiana (ODIANA), a Associação Empresarial da Beira Baixa (AEBB), o Clúster del Turismo de Extremadura (Cluturex) e a Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero (AIMRD). A Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Algarve (CCDR Algarve) participa como entidade asociada.
Organizadas pola AIMRD, coa colaboración do Concello de Miranda do Douro, las xornadas de peche serviron para compartir os resultados e as experiencias desenvolvidas en torno aos cinco ríos, reforzar a cooperación entre os socios e explorar novas vías de colaboración que permitan dar continuidade ao traballo realizado.
33 itinerarios e unha metodoloxía compartida
Un dos principais resultados de RED CIFT é o desenvolvemento e a mellora de 33 itinerarios náutico-culturais que conectan navegación fluvial, natureza, patrimonio, cultura, gastronomía e identidade local.
As rutas traballáronse seguindo unha metodoloxía común de identificación, avaliación e certificación, co propósito de ofrecer unha base compartida para estruturar experiencias turísticas sostibles, accesibles e comercializables.
Máis aló dos itinerarios, o proxecto contribuíu a reforzar a colaboración entre entidades, territorios e axentes del sector turístico, así como a dotar as zonas rurais e fronteirizas de ferramentas para valorizar os seus recursos e xerar novas oportunidades económicas.
O obxectivo é favorecer un modelo de turismo fluvial que contribúa ao desenvolvemento local, diversifique a oferta turística e poña en valor uns territorios que comparten moito máis ca unha fronteira: ríos, paisaxes, historia, cultura e tradicións.
As conexións, o verdadeiro legado
O valor de RED CIFT no se mide unicamente polo número de itinerarios desenvolvidos, senón tamén pola rede de relacións que contribuíu a crear entre ambas as dúas orillas.
Como destaca Emanuela Cozzoni, coordinadora do proxecto por parte do CMMA: «O verdadeiro valor de RED CIFT está nas conexións que creamos e na cooperación que fortalecemos entre ambas as dúas marxes. Persoas e entidades que antes non se coñecían hoxe comparten experiencias, xeran sinerxías e traballan xuntas para impulsar un turismo fluvial máis sostible».
Esta idea resume o espírito da iniciativa: entender os ríos non como fronteiras que separan, senón como espazos de encontro capaces de conectar territorios, empresas e comunidades. A cooperación transfronteiriza convértese así nunha ferramenta para compartir coñecementos, aproveitar recursos comúns e construír novas oportunidades de desenvolvemento.
Un peche que abre novas oportunidades
A finalización de RED CIFT marca o peche dunha etapa de traballo, pero tamén deixa unha base sobre a que seguir construíndo. A metodoloxía desenvolvida, os itinerarios e a rede de entidades participantes constitúen recursos para continuar impulsando o turismo fluvial e explorar novas vías de colaboración.
O proxecto demostra que a cooperación entre territorios pode transformar recursos compartidos en experiencias turísticas concretas, xerar oportunidades para as comunidades locais e reforzar a identidade das zonas fronteirizas.
Con RED CIFT, os ríos ibéricos consolídanse como espazos de conexión e cooperación, e o turismo fluvial como unha oportunidade para avanzar cara a un desenvolvemento territorial máis sostible, inclusivo e arraigado no patrimonio de cada lugar.
Sobre RED CIFT
RED CIFT (Rede de Cruceiros Ibéricos Fluviais Transfronteirizos) é un proxecto de cooperación entre España e Portugal, financiado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e liderado polo Clúster Marítimo-Marino de Andalucía (CMMA). O seu obxectivo é impulsar o turismo fluvial sostible mediante a creación e mellora de itinerarios náutico-culturais e o fortalecemento da cooperación entre os territorios vinculados aos ríos Miño, Limia, Douro, Texo e Guadiana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario