7 de out. de 2026

TUI

Espazos Efémeros celebrará a súa segunda edición en Tui con 18 postos, obradoiros e concertos   

•  Será do venres, 9 ao luns, 12 no edificio municipal da praza da Inmaculada

  



Infogauda/Tui

 Tui vai acoller a segunda edición de Espazos Efémeros, un encontro de artesanía, música e innovación rural organizado por Galicia Suroeste.  

 O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.  

 Este venres 9, ás 17.30 h terá lugar a inauguración a cargo dos representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais,  

 Nesta primeira xornada contarase coa actuación musical de Faía Díaz e Xan Campos as 19:00h. O Espazo Efémero poderá visitarse nesta primeira xornada de 18.30 a 21.00 h.  

 Durante os catro días de celebración de Espazos Efémeros haberá dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas. O público poderá descubrir meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.  

 Ademais da venda directa, cada xornada incluirá obradoiros demostrativos e concertos en directo, combinando tradición e innovación.  

 Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui para a súaa posta en marcha.  

Venres, 9 de outubro  

Horario: 18:30 - 21:00h 17:30 h 

Acto de presentación 

18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui  

19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos 

Sábado, 10 de outubro 

Horario: 11:00 - 14:00 h e 16:00 - 21:00 h 

11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia 

12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo 

13:00 h Música en directo a cargo de Abril 

16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics 

17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis 

18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin 

19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo 

Domingo, 11 de outubro 

Horario: 11:00 - 14:00 h e 16:00 - 21:00 h 

11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Suído 

12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores 

13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica 

16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal 

17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín 

18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas 

19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras 

Luns, 12 de outubro 

Horario: 11:00 - 14:00 h e 16:00 - 21:00 h 

11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco 

12:00  h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua 

12:30h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets 

13:00 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos 

16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería 

17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata 

18:30 h Obradoiro demostrativo: Charria Ceramics

Ningún comentario:

Publicar un comentario