O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse esta mañá co novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alfonso Lago
Infogauda/Pontevedra
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse esta mañá co novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alfonso Lago. Na xuntanza encomendoulle continuar coa tarefa desenvolvida nestes anos polas persoas que lle precederon no posto, ao tempo que fortalecer unha Subdelegación eficaz, aberta e próxima á cidadanía, administracións e institucións desta provincia.
Alfonso Lago Ferreiro naceu en Lalín (Pontevedra) en 1962. É doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo, onde actualmente era Profesor Titular da Área de Tecnoloxía Electrónica. Nesta institución tamén ocupou distintas responsabilidades como Vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións e Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente. Na súa traxectoria académica participou en 29 proxectos de I+D+I e contratos de investigación e publicou 11 libros ademais de entregar 50 comunicacións a congresos. É membro senior do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).
Ningún comentario:
Publicar un comentario