15 de out. de 2026

OIA

Festa do Magosto en Torroña

•  O sábado, 17 de outubro de 2026,  na Cantina (ao lado da igrexa de Torroña)


Nuria Castro Martínez/Oia

 A Asociación Forestal e Educación Ambiental A Jalleira, organiza este próximo sábado, 17 de outubro, a Festa do Magosto en Torroña (Oia), un evento que combina a tradición outonal galega, a divulgación do patrimonio natural e o lecer veciñal. 

 A xornada dará comezo ás 16:00 horas cun roteiro ambiental guiado de aproximadamente 6km, que partirá dende o torreiro de Torroña ata . Durante o percorrido, explicaranse os detalles do proxecto de Custodia do territorio nas Regateiras, unha iniciativa a longo prazo orientada á conservación, mellora e valorización deste humidal de gran relevancia biolóxica. 

 A partir das 18:00 horas, a celebración continuará na cantina situada ao lado da igrexa de Torroña, onde se ofrecerán castañas de balde e servizo de cantina a prezos populares. A animación musical estará a cargo do grupo "Deixandar", procedente do Rosal, que ofrecerá unha actuación en directo para amenizar o serán. 

 Con esta iniciativa, A Jalleira convida a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha tarde de convivencia e a coñecer máis de preto o patrimonio natural do municipio. 

DATOS DO EVENTO: 

• Evento: Festa do Magosto en Torroña (Oia) 

• Data: Sábado, 17 de outubro de 2026 

• Lugar: Cantina (ao lado da igrexa de Torroña) 

Programa: 

• 16:00 h: Roteiro ambiental guiado (aprox. 6 km) dende o torreiro. 

• 18:00 h: Castañada de balde, cantina a prezos populares e música en directo con "Deixandar" (O Rosal).

Ningún comentario:

Publicar un comentario