16 de out. de 2026

OIA

Nova fin de semana con teatro para todos os públicos en Oia, co espectáculo ‘Garavanciña.Contos con música’ 

•  O domingo, 18 de outubro, ás 16:00 horas na Praza de Abastos   


Infogauda/Oia

 Esta fin de semana o teatro volve a Oia cun novo espectáculo pensado para gozar en familia nas instalacións da Praza de Abastos. O domingo ás 16:00 horas desenvolverase o espectáculo “Garavanciña. Contos con música”, que chega ao municipio da man de Migallas Teatro e dentro do circuíto +Escénicas da Deputación de Pontevedra.  Entrada de balde.

 “Garavanciña” é unha peza teatral que achega a maxia dos contos clásicos nunha divertida e orixinal aventura de monicreques, cancións e narración oral interpretada por Bea Campos. Esta coidada e visual proposta artística parte dun dos contos máis coñecidos da literatura infantil para darlle unha volta aos roles tradicionais de xénero e mantendo a fantasía.

 O Concello de Oia convida á veciñanza a acudir este domingo ás instalacións municipais da Praza de Abastos para gozar en comunidade dunha proposta cultural que combina monicreques, teatro, xogos tradicionais e cancións dirixidas que farán a delicia de todos os públicos (idade recomendada, a partir dun ano). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario