A CIG convoca asembleas de delegadas e delegados e mobilizacións en todas as comarcas para exixir que a clase traballadora non pague esta nova crise
• As concentracións, que terán lugar diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza, servirán como antesala da folga xeral que terá lugar en novembro
Infogauda/Galiza
A Confederación Intersindical Galega (CIG) ten convocadas para este xoves, día 8 de outubro, asembleas de delegadas e delegados previas ás concentracións que se desenvolverán diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das diferentes cidades.
As mobilizacións responden á “insoportábel” suba dos prezos que está afondar no empobrecemento da clase traballadora e á falta de medidas dos gobernos para garantir unha vivenda digna.
Encadradas na campaña na que a central sindical presentou as súas propostas para que o capital sexa quen asuma as consecuencias da actual carestía da vida e en demanda dunha vida digna para a maioría social, as asembleas servirán tamén para preparar a folga xeral que terá lugar no mes de novembro.
CONVOCATORIAS
- Vigo: saída en manifestación ás 12:00 horas dende a igrexa dos Capuchinos (Vázquez Varela, 15) até o edificio da Xunta. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, atenderá os medios de comunicación ás 12:30 horas diante do edificio autonómico.
- A Coruña: ás 12h, no edificio da Xunta (Praza de Luís Seoane)
- Lugo: ás 12h, no edificio multiusos da Xunta (Ronda da Muralla)
- Ferrol: ás 12h, no edificio da Xunta (Praza Amada García)
- Pontevedra: ás 12 h concentración diante do edificio da Xunta.
- Ourense: ás 12h, diante do Edificio administrativo da Xunta (Casa de Chocolate)
- Compostela: 11:30 saída en manifestación desde o CSC de Fontiñas. Ás 12h en San Caetano

Ningún comentario:
Publicar un comentario