16 de set. de 2026

VIGO

A CIG realizará unha concentración solidaria e contra a represión sindical

•  Este xoves, 17 de setembro de 2026, de 08:00 a 10:30 horas, diante da Cidade da Xustiza de Vigo (rúa Padre Feijóo, 1)

Infogauda/Vigo

 Este xoves, 17 de setembro de 2026, de 08:00 a 10:30 horas, diante da Cidade da Xustiza de Vigo (rúa Padre Feijóo, 1), a CIG desenvolverá unha concentración solidaria e contra a represión sindical coincidindo coa celebración do xuízo polo despido dunha delegada do comité de empresa de Abanca na provincia de Pontevedra que traballaba na oficina da entidade bancaria en Salvaterra do Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario