3 de xul. de 2026

PONTEVEDRA

O subdelegado recibe aos efectivos da GNR portuguesa que participarán nas patrullas conxuntas coa Garda Civil este verán  

 Catro xendarmes procedentes dos distritos de Braga e Viana do Castelo prestarán servizo durante os meses de xullo e agosto en Sanxenxo, Baiona, Tui e Pontevedra 

 O operativo reforza a cooperación entre a Garda Civil e a GNR para mellorar a atención aos visitantes, especialmente aos turistas portugueses e aos peregrinos 


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu hoxe na Subdelegación do Goberno, xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, aos catro efectivos da Guarda Nacional Republicana (GNR) portuguesa

Foto: SdoG

Infogauda/Pontevedra

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu hoxe na Subdelegación do Goberno, xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Manuel Touceda, aos catro efectivos da Guarda Nacional Republicana (GNR) portuguesa que prestarán servizo este verán xunto á Garda Civil no marco do Plan Turismo Seguro e do Plan Turismo Seguro Xacobeo.  

 Os axentes, procedentes dos distritos portugueses de Braga e Viana do Castelo, integraranse en patrullas conxuntas coa Garda Civil durante os meses de xullo e agosto en concellos con elevada presenza de visitantes portugueses, concretamente Sanxenxo, Baiona, Tui e Pontevedra, onde realizarán tarefas de atención cidadá e prestarán apoio na atención aos peregrinos.  

 Abel Losada destacou que «a cooperación entre España e Portugal constitúe un exemplo de colaboración eficaz tamén ao servizo da seguridade cidadá, que permite ofrecer unha mellor atención aos visitantes e reforzar a protección nunha época de máxima afluencia turística».   

Ningún comentario:

Publicar un comentario