O XV Xantar Solidario da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño contou coa asistencia de 250 persoas
SOS Tomiño Baixo Miño/Tomiño
O domingo 28 de xuño, nos Viñedos Altos de Torona tivo lugar o XV Xantar Solidario da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.
Este xantar ten a dobre finalidade de pór en valor o traballos das persoas voluntarias e, ao mesmo tempo, agradecer a axuda dos colaboradores públicos e privados que ao longo do ano axudan a esta asociación asistencial.
A este acto acudiron 250 persoas. Nel fíxose entrega a todos os colaboradores dun agasallo elaborado pola Asociación Avelaíña.
Estiveron presentes no xantar, Lara Meneses, directora xeral de Xuventude, na Xunta de Galicia, e Paula Bouzós, deputada de Igualdade e Benestar Social, na Deputación de Pontevedra.
Asistiron Sandra Gonzalez, alcaldesa do Concello de Tomiño; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández, que tiña comprometida a súa presenza, non puido asistir a consecuencia do accidente de tráfico acaecido o día anterior. Tamén estiveron presentes concelleiros de Tomiño, Tui, Oia e O Rosal, e representantes da Entidade Local Menor de Pazos de Reis.
Como vén sendo habitual, contouse coa presenza do presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón Santamaría.
A asociación agradece aos Viñedos Altos de Torona que facilitaron o espazo para levar a cabo este xantar da Asociación e o compromiso do xerente, José Antonio Torres.
O máis salientable do acto foi o compromiso das institucións co proxecto da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.


Ningún comentario:
Publicar un comentario