29 de xuño de 2026

TOMIÑO

O XV Xantar Solidario da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño contou coa asistencia de 250 persoas


Foto de familia das persoas que asistiron en representación dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e Tui; así como da Xunta de Galicia e da deputación de Pontevedra
Un momento da entrega de agasallos

SOS Tomiño Baixo Miño/Tomiño

 O domingo 28 de xuño, nos Viñedos Altos de Torona tivo lugar o XV Xantar Solidario da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño. 

 Este xantar ten a dobre finalidade de pór en valor o traballos das persoas voluntarias e, ao mesmo tempo, agradecer a axuda dos colaboradores públicos e privados que ao longo do ano axudan a esta asociación asistencial. 

 A este acto acudiron 250 persoas. Nel fíxose entrega a todos os colaboradores dun agasallo elaborado pola Asociación Avelaíña. 

 Estiveron presentes no xantar, Lara Meneses, directora xeral de Xuventude, na Xunta de Galicia, e Paula Bouzós, deputada de Igualdade e Benestar Social, na Deputación de Pontevedra.

 Asistiron Sandra Gonzalez, alcaldesa do Concello de Tomiño; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.

 A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández, que tiña comprometida a súa presenza, non puido asistir a consecuencia do accidente de tráfico acaecido o día anterior. Tamén estiveron presentes concelleiros de Tomiño, Tui, Oia e O Rosal, e representantes da Entidade Local Menor de Pazos de Reis. 

 Como vén sendo habitual, contouse coa presenza do presidente do Banco de Alimentos de Vigo, José Ramón Santamaría. 

 A asociación agradece aos Viñedos Altos de Torona que facilitaron o espazo para levar a cabo este xantar da Asociación e o compromiso do xerente, José Antonio Torres. 

 O máis salientable do acto foi o compromiso das institucións co proxecto da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario