PARROQUIA DE SAN XOÁN DE TABAGÓN (O ROSAL)
II CENTENARIO DO TEMPLO PARROQUIAL
24 de xuño de 1826 – 24 de xuño de 2026
Infogauda/O Rosal
A parroquia de San Xoán de Tabagón dá grazas a Deus ao cumprírense douscentos anos da dedicación do seu templo parroquial, lugar de oración, encontro e testemuño da fe de xeracións de fieis que, ao longo destes dous séculos, atoparon nel o centro da súa vida cristiá.
Con motivo desta efeméride tan significativa, a comunidade parroquial celebra con especial solemnidade as festas na honra do seu patrón, San Xoán Bautista, unindo á alegría da súa Natividade a acción de grazas polo segundo centenario da igrexa parroquial.
ACTOS RELIXIOSOS
Do 15 ao 23 de xuño
Novena preparatoria na honra de San Xoán Bautista
Ás 18:30 horas, rezo da Novena e celebración da Santa Misa, como preparación espiritual para a solemnidade do patrón da parroquia.
24 de xuño de 2026
SOLEMNIDADE DA NATIVIDADE DE SAN XOÁN BAUTISTA
10:30 horas
Santa Misa rezada na honra de San Xoán Bautista.
12:00 horas
Santa Misa presidida polo Excmo. e Rvdmo. D. Antonio José Valín Valdés, bispo da Diocese de Tui-Vigo, concelebrada polos sacerdotes do arciprestado e solemnizada pola Coral «Ecos do Folón», de Fornelos (O Rosal).
Ao remate da celebración eucarística terá lugar a tradicional e solemne procesión coas veneradas imaxes de San Xoán Bautista e da Virxe da Saúde, acompañadas polo pobo fiel e por todas aquelas persoas que desexen unirse a esta destacada celebración.
Como memoria permanente desta data histórica, procederase seguidamente ao descubrimento e bendición dunha placa conmemorativa do II Centenario do templo parroquial, lembranza agradecida de douscentos anos de historia, fe e devoción.
A comunidade parroquial de San Xoán de Tabagón invita cordialmente a todos os fieis, veciños, antigos parroquianos e visitantes a participar nesta celebración extraordinaria, dando grazas a Deus polos dons recibidos ao longo destes dous séculos e renovando o compromiso de transmitir ás xeracións futuras o rico legado espiritual e humano que recibimos dos nosos devanceiros.
San Xoán Bautista, rogade por nós.



Ningún comentario:
Publicar un comentario