A comunidade educativa galega volverá ás rúas este mércores 6 en defensa do ensino público
Infogauda/Vigo/Pontevedra
A CIG-Ensino chama á mobilización da comunidade educativa en defensa do ensino público este mércores 6 de maio pola tarde para reclamar un ensino público galego con máis medios, máis profesorado e mellores condicións nos centros.
Este mércores, 6 de maio ás 19:00 horas, terán lugar máis de 20 mobilizacións simultáneas ao longo de todo o territorio galego, incluíndo distintas localidades das comarcas de Vigo e de Pontevedra.
Esta convocatoria enmárcase nun contexto de crecente conflito educativo en Galiza, con múltiples xornadas de folga e mobilizacións impulsadas polo profesorado ante a falta de resposta real da Consellaría de Educación. Nos últimos meses, o colectivo docente vén denunciando unha situación insostíbel marcada pola sobrecarga de traballo, a falta de persoal e o deterioro progresivo das condicións de ensino.
Ademais, a comunidade educativa denuncia o abandono das infraestruturas e a falta de investimentos reais, así como unha aposta clara pola privatización e concertación en detrimento do ensino público.
Desde a CIG-Ensino Vigo sinalan que "non estamos ante problemas puntuais, senón ante un modelo que debilita o ensino público e precariza o traballo docente", e lembran que a baixada demográfica debería servir para mellorar a atención educativa e non para recortar recursos.
A mobilización forma parte dunha resposta colectiva en todo o país, con protestas convocadas en múltiples localidades galegas, nunha xornada na que a comunidade educativa sae á rúa para dicir alto e claro que o ensino público non se vende, deféndese.
Principais reivindicacións
• Redución real das ratios en todas as etapas educativas
• Incremento do profesorado e do persoal de atención á diversidade
• Recuperación das condicións laborais previas aos recortes
• Redución da carga burocrática
• Mellora e investimento nas infraestruturas dos centros
Desde a CIG-Ensino fan un chamamento á participación masiva para "encher as rúas de dignidade e defender un dereito básico como é a educación pública"
Mobilizacións convocadas nas comarcas de Vigo e Pontevedra
A Estrada
19:00 h Praza do Mercado Mos e O Porriño
Mos
19:00 h Explanada de Queen
O Porriño
19:00 h Praza do Concello
O Morrazo
19:00 h Desde a praza do Concello de Cangas
O Salnés-O Grove
19:30 h Desde a praza do Corgo, O Grove
Ponteareas
19:00 h Saída do IES Val do Tea
Pontevedra
19:00 h A Peregrina
Redondela
19:00 h Praza do Concello de Redondela
Val Miñor
19:00 h Capela de San Campio, Ramallosa
Vigo
19:00 h dende Vía Norte con Urzaiz (Vialia) até o farol de Urzaiz.
Vila de Cruces
19:00 h Saída do IES Marco do Camballón
Ningún comentario:
Publicar un comentario