12 de maio de 2026

VIGO

Homenaxe en lembranza de Begoña Caamaño, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2026

  Este mércores, 13 de maio, a partir das 19:00 horas, no salón de actos da CIG, en Vigo




Infogauda / Vigo

 A CIG celebrará este mércores, 13 de maio, a partir das 19:00 horas, no salón de actos da CIG, en Vigo, un acto en lembranza de Begoña Caamaño, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2026. 

 A central sindical aproveitará para poñerlle o nome da xornalista, escritora e activista nacida no Calvario, ao salón de actos do local do sindicato, en recoñecemento tamén á labor sindical desenvolvida por Caamaño, que foi presidenta do comité de empresa da CRTVG pola CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario