27 de maio de 2026

FORMACIÓN

Novas formacións en C.F. Aixola - Marín

Preinscripcións abertas




Aixola/Marín

 Dende Aixola, centro de formación dependente da Consellería do Mar, xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, nos comprace compartir con vostedes a nosa proposta de novos cursos para o segundo semestre.  

 Procurando a constante formación de persoal relacionado co sector marítimo, e tamén na procura de incorporar a novas persoas interesadas neste sector, ofertamos unha serie de formacións totalmente gratuitas, xa que son cofinanciada polos fondos FEMPA (Fondos Europeos Marítimo de Pesca e Acuicultura).     

 Todas as nosas formacións teñen un carácter práctico, seguindo a idea de “aprender facendo”, e non precisan titulación mínima para realizarse.  

 Ofertamos 12 prazas en cada un dos cursos que son presenciais no CF Aixola (Porto de Marín).       

 Está aberta a preinscripción para as seguintes formacións:        

- OPERACIÓNS AUXILIARES DE ACONDICIONAMENTO INTERIOR DE EMBARCACIÓNS: TAPICERÍA E MADEIRA (350 horas)  

 Nesta formación apréndese a realizar instalacións en madeira para o interior de embarcacións, empregando técnicas tradicionais e tamén as últimas imnovacións, para aillamento, instalación de mamparos e outros elementos interpretando planos, así como diversas técnicas e máquinas de coser, para realizar tapizados de elementos náuticos.     

- OPERACIÓNS AUXILIARES DE ARBOLADURA: MASTROS E VELAS (200 horas)  

 Formación para o coñecemento e montar desmontar diversos componentes da arboradura náutica, o seu mantemento así como operacións básicas de reparación de velas.     

- OPERACIÓNS BÁSICAS DE INFUSIÓN E BALEIRO EN COMPOSITES (300 horas)  

 Introducción a unha das técnicas máis novedosas de creación de pezas en poliester para o sector náutico e a acuicultura, incluindo a preparación de moldes e o proceso de infusionado ao baleiro, cun menor gasto de material e maior seguridade nos traballos.     

- PROCESOS BÁSICOS DE PLÁSTICOS TÉCNICOS APLICADOS AO SECTOR MARIÑO (200 horas)  

 Curso introductorio a traballos con plásticos técnicos, onde se coñecen diversos materiais e usos, con técnicas de soldadura en plástico e aplicación tanto en tuberías plásticas de construcción naval como en instalacións de acuicultura (xaulas e instalacións en tanques) así como reparacións de embarcacións con polipropileno.     

- ACTIVIDADES AUXILIARES EN DIAGNOSE E POSTA A PUNTO DE FORA BORDA MENORES DE 30 CV (220 horas)  

 Unha formación básica en mecánica orientada á diagnose de faios máis comúns e posta a punto de motores fora borda de pequena potencia (ata 30 Cv)                 

- INTRODUCIÓN Á CARPINTERÍA NÁUTICA CON CONTROL NUMÉRICO (CNC) (70 horas)

 Formación que introduce no deseño mediante programación e corte de pezas de madeira mediante máquina de Control Numérico Computerizado, aplicado a carpintería naval.        

 Máis información e preinscripción:  

https://aixola.cetmar.org/oferta-formativa-2026/

Ningún comentario:

Publicar un comentario