6 de maio de 2026

DEPORTES

A Guarda acollerá o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega  

Celebrarase o próximo sábado 9 de maio, desde ás 9:30h no pavillón municipal da Sangriña  


Presentación do III Torneo Internacional de Judo Infantil
Foto: C.A.G. 


Infogauda/A Guarda 

 A Guarda acollerá o próximo sábado 9 de maio, desde ás 9:30h o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega. Este evento deportivo busca promover a competición en idade infantil e vai gañando participantes, ata os 500 judokas desta edición.  

 Este torneo contará coa participación de numerosos clubes de Galicia e tamén de Portugal, contando con xa 10 clubs do país veciño. Ademais, tamén virá un club de Ponferrada e, dando un salto máis alá, coa asistencia dun club italiano de Roma.  

 Reuniranse judokas das categorías inferiores, desde prebenxamín ata cadete, que ofrecerán un día enteiro de judo no pavillón da Sangriña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario