A TERCEIRA EDICIÓN DO TOCAMÚSICA SAIRÁ A RÚA NOVAMENTE
• Con actuacións en maio, xuño e xullo de 2026
Infogauda/A Guarda
A partir do 23 de maio e ata o mes de xullo sairá novamente á rúa Tocamúsica, o ciclo de música en directo en espazos públicos organizado polo Concello da Guarda, e que neste ano 2026 cumprirá a súa terceira edición.
O programa pretende ser un evento importante e destacado na axenda, onde a música ocupa o lugar protagonista, para compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos.
A programación para este ano será:
Sábado, 23 maio, ás 12:30 horas, na praza Avelino Vicente.
- El Cuarto de Tula é un homenaxe a Buena Vista Social Club, con todo o sabor cubano.
Venres, 12 de xuño, ás 21:00 horas, na rúa Vicente Sobrino.
- Stormy Trucks, liderado por Valentín Caamaño tocarán temas propios con versións de clásicos do rock.
Domingo, 28 de xuño, ás 12:30 horas no parque Chan do Conde, fronte a igrexa de San Bieito.
- God Good é unha banda de soul e funk que nos levará a unha viaxe cargada de ritmo.
Xoves, 23 de xullo, ás 21:00 horas, na praza do Reló.
- Los Kalahari, virán co repertorio completo de Siniestro Total co seu exguitarra Javier Soto e o último batería, Andrés Cunha.
O programa conta co apoio do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario