O PP ESIXE A COMPARECENCIA DE ENRIQUE CABALEIRO “PARA QUE INFORME CON TRANSPARENCIA SOBRE A CAUSA DE PRESUNTO ACOSO NO CONCELLO, XA QUE ESTÁ A DANAR A IMAXE DE TUI E XERA INESTABILIDADE NO GOBERNO LOCAL”
• “En Tui todos nos coñecemos e nós non somos nin incendiarios nin destrutivos, e ademais cremos no dereito á presunción de inocencia, pero o alcalde ten que dar a cara e explicar todo o que está pasando porque afecta ao funcionamento do Concello”, manifestou Nico Montes
• O voceiro popular lamenta as contradiccións de Cabaleiro ao negar que haxa algún caso de acoso que lle afecte, pero admitindo que o xulgado analiza certos indicios derivados da causa contra o edil de Urbanismo, polo que reclama que se dean explicacións aos grupos e aos tudenses
Infogauda / Tui
O grupo municipal do Partido Popular (PP) de Tui vén de esixir a comparecencia urxente en sede plenaria do alcalde, Enrique Cabaleiro, “para que informe con transparencia e claridade á corporación e a todos os tudenses sobre a causa de presunto acoso laboral e incluso sexual no seo do Concello”, xa que considera que “os cidadáns teñen dereito a coñecer cal é a situación ante uns feitos que están a danar a imaxe da cidade e xeneran, loxicamente, inestabilidade no goberno local”.
O voceiro municipal, Nico Montes, lembrou que “o PP sempre se amosou prudente ante este caso, tanto cando se coñeceu que o concelleiro de Urbanismo estaba a ser investigado por suposto acoso laboral, como agora que xurdiron novas información que apuntan a que o caso pode seguir escalando no seo do executivo socialista”.
O concelleiro popular apuntou que, cando se coñeceu a imputación do edil socialista, limitáronse a pedir que se lle apartase das súas funcións ata que se esclarecese a causa en aras do bo funcionamento do Concello, pero evitaron pedir a súa dimisión polos posibles prexuízos á súa persoa en caso de que quedase absolto. Sen embargo, e malia o silencio do executivo ante aqueles feitos aínda en sede xudicial, amosou a súa preocupación ante a posible aparición de máis casos de acoso “principalmente pola situación en que queda o Concello, polo dano que se lle caua á imaxe de Tui e polas afeccións na atención aos cidadáns”.
“En Tui todos nos coñecemos e nós non somos nin incendiarios nin destrutivos, e ademais cremos no dereito á presunción de inocencia, pero o alcalde ten que dar a cara, tanto para explicar a investigación do seu compañeiro como estas novas revelacións, porque nós non imos entrar nestas cuestións, que para iso están os tribunais, pero todo isto está a afectar ao funcionamento do Concello”, aseverou o edil do PP.
En todo caso, Nico Montes amosou a súa “extrañeza pola reacción do executivo, cun silencio clamoroso tras a investigación do edil de Urbanismo e un simple desmentido do alcalde na radio municipal ante as graves acusacións contra a súa persoa nun artigo de prensa”, polo que cre que “hai unha gran preocupación no executivo socialista”, pero recomendoulle e esixiulle explicacións claras aos grupos municipais e aos tudenses “para acabar con ruxeruxe que hai na rúa”.
Finalmente, o voceiro popular lamentou “as contradiccións nas que incurríu o propio Enrique Cabaleiro nas súas únicas palabras sobre esta causa, xa que negou que haxa ningún caso de acoso que lle afecte, pero logo admitíu que o xulgado está a analizar certos indicios contra el derivados da citada denuncia contra o edil de Urbanismo”.
“Textualmente negou a maior e amosou confianza na xustiza e engadíu que non hai dilixencias contra el nin está investigado polo momento, pero non detallou que suposta conducta reprobable se lle analiza nin cal é a situación legal do seu compañeiro nin que está a pasar no seo do goberno, así que creo que Tui se merece respostas, porque a súa minideclaración destacou máis polo que calou que polo que dixo”, concluíu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario