22 de abr. de 2026

O ROSAL

O Orballo Fest irrompe no Rosal mesturando música electrónica e sabor local   

•  A praza do Calvario acollerá este sábado 25 de abril unha nova cita con este festival de balde organizado polo Valinox Novás en colaboración co Concello 

 

A alcaldesa do Rosal con membros do Valinox Novás, na presentación dunha nova edición do Orballo Fest
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal  

 O Rosal prepárase para vivir unha noite chea e música e gastronomía local nunha nova edición do Orballo Fest, un festival organizado polo Valinox Novás co que colabora o Concello e que levará á praza do Calvario música electrónica e diversión nun formato pensado para gozar sen présa e en boa compañía.  

 Este sábado 25 de abril a praza será o escenario desta proposta que abrirá ás súas portas ás 20.30 horas nun evento con entrada libre e de balde que aposta por dinamizar a vida social e cultural do municipio cunha oferta fresca, atractiva e con vocación de continuidade. 

 O cartel musical comezará con DJ Piriz e continuará coa actuación de Os Netos do Rosal e o seu espectáculo ‘Operación Ascenso’. A noite seguirá con Famour Corner ás 22.00 h, Divergente ás 23.30 h e coa música de Joselete, Anxo Silva, G. Rich e Diego Wass, que porán o broche final a unha xornada pensada para non deixar de bailar e para gozar ademais da gastronomía, da coctelería e de numerosas sorpresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario