SOS Sanidade Pública A Louriña non pode consentir que se minta tan descaradamente sobre o PAC do Porriño
• O Conselleiro de Sanidade anunciou xunto ao alcalde do Porriño refuerzo do PAC cunha nova praza de médico, unha nova mentira tras a do reforzo prometido de dous médicos para o servizo de urxencias
Plataforma SOS sanidade Pública A Louriña
A Plataforma SOS sanidade Pública A Louriña non da crédito ás declaracións que, responsables do Sergas e do Concello do Porriño se atreven a verter nos medios de comunicación.
Namentres o alcalde do Porriño se atribúe o logro da incorporación dun novo médico para o PAC, a realidade é que se trata dun anuncio publicitario máis coma o do reforzo de dous profesionais anunciado a principios de febreiro.
Co anuncio tras a visita do Conselleiro de Sanidade e do Xerente da área sanitaria de Vigo, deberían ter enviado un médico máis ata as 22.00 h -e sempre que non fixese máis falta noutro sitio- pero esta fin de semana xa non se materializou. Pero esta é a prática habitual, pois tras o anuncio do primeiro reforzo, en febreiro estivemos 15 días, de 28, sin contar co mesmo; e en marzo de 31 que tivo o mes, 24 sen reforzar.
Esta é a realidade do Punto de Atención Continuada do Porriño, que lembramos atende aos doentes de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. Adoptan solucións pantasma sen contar coa opinión dos profesionais, xa que o que en realidade se precisa é un equipo máis completo en cada garda, composto de persoal médico, de enfermería, PSX e celador.
Pero ademáis, o Sergas anunciou que pagaría un plus por gardas de 24 h no PAC os sábados; un risco para os pacientes e mesmo para o persoal, pois está máis que demostrado que as capacidades merman a medida que vai pasando a garda. O que non contan é que se fas un ou dous turnos somentes, pagan o sábado coma de luns a venres.
En vez de reducir turnos para que teñan unha duración razoable e tentar garantir a mellor asistencia, aínda se aumentan máis as gardas de 24 h. Esta situación non se pode consentir e non podemos consentir que se nos engane con tanta impunidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario