NOVA COMISARIA DE SEGURIDADE CIDADÁ EN VIGO
• Ata o seu ascenso e traslado exercía como inspectora-xefe na Unidade de Coordinación Operativa de Málaga
Foto: S. do G.
Infogauda / Pontevedra
O subdelegado do Goberno, Abel Losada Álvarez recibiu onte á nova comisaria xefa da Brigada de Seguridade Cidadá de Vigo-Redondela, Míriam Rifai Corpas, que é a primeira muller en ocupar un posto de comisaria neste persoal. Na presentación na Subdelegación, estivo acompañada polo comisario-xefe provincial, Juan José Díaz, e o comisario de Vigo, Ramiro Gómez.
Ata o seu ascenso e traslado exercía como inspectora-xefe na Unidade de Coordinación Operativa de Málaga. Ingresou no Corpo Nacional de Policía en 1998 e serviu nas brigadas de Policía Xudicial e Estranxeiría, ademais de ocupar postos de responsabilidade en diversas unidades operativas. Iniciou a súa carreira como inspectora na Unidade Central de Estupefacientes da Comisaría Xeral da Policía Xudicial.
É licenciada en Bioloxía e conta con dúas cruces ao Mérito Policial con distintivo branco e unha cruz da Garda Civil.

Ningún comentario:
Publicar un comentario