17 de feb. de 2026

A GUARDA

O GES da Guarda conta cun novo vehículo para acceder aos cascos vellos 

  

O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, xunto a dous membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da Guarda, co novo vehículo recepcionado

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, o Concello de A Guarda fixo público que "o Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Guarda conta cunha nova bomba urbana lixeira (BUL), que será dotada de material de incendios.  

 Este vehículo serve para dar resposta aos incendios ocasionados nas zonas de casco antigo, onde non entran outros vehículos polas dimensións reducidas das rúas dos cascos vellos.  

 Está dotado dunha bomba de baixa e alta presión para dar resposta a incendios en edificacións con altura".

Ningún comentario:

Publicar un comentario