As actividades infantís ocupan a última semana do ano na Guarda
• Elfos de Nadal e un concerto familiar animarán na praza de Avelino Vicente, as últimas tardes do ano
Infogauda / A Guarda
O próximo luns 29 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas, na praza Avelino Vicente, os elfos de Nadal pasarán unha tarde na Guarda. Será unha sesión chea de xogos, baile, diversión e risas para eles e para todos os nenos e nenas que se queiran sumar.
E na tarde do martes, 30 de decembro ás 17:30h a programación de Nadal ofrecerá de novo unha xornada para desfrutar en familia e con música.
Será coa actuación de Terapia de grupo kids, unha proposta musical en directo chea de ritmo, xogos, cancións coñecidas e enerxía contaxiosa.
Desde o Concello de A Guarda convidan a gozar desas tardes de animación:
Vide á praza Avelino Vicente a xogar, bailar e cantar!


Ningún comentario:
Publicar un comentario