23 de out. de 2025

TUI

A película Sirat, de Oliver Laxe, proxectarase este venres, no Teatro Municipal de Tui

 O filme foi seleccionado para representar a España na competición pola nominación ao Oscar e recibiu co Premio do Xurado en Cannes 


Fotograma da película Sirat
Fonte: C.T.

Infogauda / Tui

 A película Sirat, dirixida polo galego Oliver Laxe, proxectarase este venres 24 de outubro ás 21 horas, no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural de outono.  

 Sirat foi seleccionada para representar a España para competir pola nominación ao Oscar á mellor película internacional, e recibiu xa co Premio do Xurado en Cannes.  

 Estreouse este mesmo ano 2025 e está interpretada por Sergi López, Bruno Núñez Arjona, Richard Bellamy, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier e Jade Oukid. O filme conta a historia dun home e o seu fillo, que chegan a unha rave perdida en medio das montañas do sur de Marrocos. Ambos buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten fotos súas de xeito incansable, rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade descoñecida para eles. Alí deciden seguir a un grupo de raveros na busca dunha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar á moza desaparecida.   

 As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 6€ e 4 €.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario