Nova protesta do persoal de Correos do Porriño
• Tivo lugar este venres, para denunciar a falta de efectivos
O persoal de Correos do Porriño realizou unha concentración diante da Praza de Abastos da localidade
Foto: CIG
Infogauda / O Porriño
O persoal de Correos do Porriño volveu mobilizarse hoxe para denunciar a falta de efectivos, que está a afectar gravemente a súa saúde física e mental e a calidade deste servizo público, con milleiros de paquetes acumulados e de notificacións e citas médicas sen entregar ou que se entregan con atraso.
Nesta ocasión desenvolveu unha concentración diante da Praza de Abastos da localidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario