Luis López recibe a pontevedresa Lydia Pérez, que acaba de facer historia na disciplina de loita praia
• Despois de acadar o primeiro ouro de España na final do mundial en Exipto
Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, recibiu este luns no seu despacho do Pazo provincial a deportista pontevedresa Lydia Pérez, que acaba de conseguir un fito histórico para o deporte nacional. A loitadora pontevedresa conseguiu na cidade exipcia de Alexandría a primeira medalla de ouro do deporte español nunha final dos mundiais de loita praia, un logro que sumado a outro primeiro posto conseguido en Grecia noutra proba das series mundiais valeulle á loitadora do club Loita Pontevedra o subcampionato mundial desta disciplina.
O mandatario provincial, que recibiu a Lydia Pérez xunto con Pablo García, adestrador do club Loita Pontevedra; e o presidente da Federación Galega de Loita, Lose Luis Olazábal; recoñeceu o labor da deportista pontevedresa para consolidar a Pontevedra como a provincia do deporte.

 
 
 
.jpg) 
 
 
.jpeg) 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario