21 de out. de 2025

A GUARDA

Cruz Vermella vai celebrar o peche do proxecto “Contigo no Camiño”  

• O acto será o xoves, 23 de outubro, ás 12.30 horas, no Centro Cultural de A Guarda

• O dispositivo púxose en marcha o 24 de setembro nun tramo do Camiño Portugués pola Costa entre A Guarda e Baiona  

• Ofreceu atención, acompañamento e información a case un centenar de persoas peregrinas 


Persoas voluntarias do proxecto Contigo non Camiño
Foto: C. V.

Neli Rodríguez / A Guarda

Cruz Vermella celebrará o vindeiro xoves, 23 de outubro ás 12:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda (rúa Rosalía de Castro, 3), o acto de peche do proxecto Contigo non Camiño, unha iniciativa que ofreceu atención, acompañamento e información a peregrinos e peregrinas no Camiño de Santiago pola costa. Ao evento acudirá José María Salcidos, presidente comarcal de Cruz Vermella no Baixo Miño, así como outras autoridades pendentes de confirmación; e o patrocinador do evento, Suministros Navales Santa Tecla. 

 Este ano, por primeira vez, o dispositivo desenvolveuse desde o 24 de setembro na provincia de Pontevedra, concretamente nun tramo do Camiño Portugués pola Costa, entre A Guarda e Baiona, ampliando así o seu alcance e reforzando a presenza de Cruz Vermella nun roteiro cada vez máis transitado.  

 O proxecto Contigo non Camiño púxose en marcha en Galicia, en concreto nas provincias de Lugo e A Coruña, no verán de 2021, e desde entón percorreu máis de 27.000 quilómetros e atendido a máis de 7.000 persoas. Este ano, na provincia de Pontevedra, no Camiño Portugués, rexistráronse máis de 65 atencións sanitarias e 56 asistencias informativas. As intervencións máis habituais foron por ampolas, dores musculares, contusións e picaduras de insecto, mentres que as consultas informativas han virado ao redor da dificultade das etapas, localización de fontes de auga, albergues e lugares de interese turístico. 

 O dispositivo contou coa implicación de 15 persoas voluntarias, organizadas en equipos móbiles que percorren diariamente quilómetros en bicicletas eléctricas, equipadas con caixas de primeiros auxilios de primeiros auxilios e desfibriladores semiautomáticos. Isto, sumado aos puntos fixos de atención permitiron ofrecer unha cobertura próxima, sostible e eficaz ao longo de distintas etapas xacobeas. 

 Durante o evento presentaranse os resultados desta edición, compartiranse testemuños de persoas voluntarias, e poñerase en valor o traballo conxunto entre Cruz Vermella e as entidades e empresas locais. 

 Cruz Vermella quere expresar o seu agradecemento a Suministros Navales Santa Tecla, entidade financiadora do proxecto, polo seu compromiso con esta iniciativa. Así mesmo, recoñece e valora o labor do voluntariado, cuxa dedicación foi clave para o éxito do dispositivo, así como o apoio das institucións locais, que facilitaron o desenvolvemento do proxecto no territorio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario